Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Mércores de contacontos e monicreques para os escolares do Val Miñor no Auditorio e a Biblioteca de Gondomar

Mércores de contacontos e monicreques para os escolares do Val Miñor no Auditorio e a Biblioteca de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O-rapto-da-bibliotecaria

 

Ao longo da mañá do vindeiro mércores 28 de marzo, os cativos de sete colexios do Val Miñor asistirán a dous espectáculos relacionados coa animación á lectura. No auditorio Lois Tobío representarase a obra O rapto da bibliotecaria, a cargo do grupo da Escola Municipal de Teatro do Concello de Vigo. Así como a unha sesión de contacontos, a realizarse na Biblioteca Municipal polo equipo de contadores de Espazo Lectura.

A actividade, na que participarán próximo a 350 cativos  principalmente do concello de Gondomar, desenvolverase en diferentes quenda e horarios. A organización do evento estará a cargo da Asociación Espazo Lectura co apoio da Concellería de Cultura de Gondomar.  

Esta actividade cultural estará dedicada aos centros de ensino da zona que son socios-protectores de Espazo Lectura e que colaboran ao longo de todo ano na difusión das actividades de fomento da lectura que organiza a asociación. Trátase dos CEIP, Souto-Donas, Serra-Vincios, Chano Piñeiro, Neira Vilas-Peitieiros, Carlos Casáres-Vilariño, A Cruz-Camos e o CRA Antía Cal.

O rapto da Bibliotecaria.

A peza, que combina o teatro de actor e os monicreques, está baseada na novela homónima de Margaret Mahy e narra a historia da señora Liboreiro, a bibliotecaria dunha pequena cidade,  secuestrada por un grupo de bandidos que pretenden conseguir un cuantioso rescate por parte do concello. Divertidas e disparatadas aventuras mestúranse coa vida nunha biblioteca como pano de fondo.

Contacontos na Biblioteca Municipal.

Ademais, os nenos e nenas asistirán tamén a unha sesión de contacontos, realizada na Biblioteca Municipal polo equipo de contadores de Espazo Lectura. A sesión, que terá como título Cociña de contos, inclúe as historias de Sopa de nada, A sopa queima e Sopa de soños.

.