Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Estrea na rede de Comic crossing, unha curta coa pegada das bandas debuxadas.

Estrea na rede de Comic crossing, unha curta coa pegada das bandas debuxadas.

Correo-e Imprimir PDF
camara thumb-300x249

 As curtametraxes convértense día a día no formato onde decenas de  directores cinematográficos galegos amosan a súa creatividade. O pasado luns achegábamos Luz verde, unha curta da directora Sara Casal producida por Urban Pig Films, baseada no conto 01 AM, de Fran Alonso. Agora toca o estreo nas redes de Comic crossing, unha sátira política en clave da estética das bandas debuxadas, escrita e dirixida por Paula Carro.

Dim lights Embed Embed this video on your site

O filme foi rodado en Vigo e producido por ETT Producciones. Conta coas actuacións de May de la Peña, Vero Domínguez e Saraih Lago (ademais doutros "convidados sorpresa").  A banda sonora, a cargo de Santos Morcegos.