Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Tony Lomba, o crooner sen pudores, actuará este venres no Bar Pénjamo

Correo-e Imprimir PDF

Tony Lomba y su atrilTony Lomba estará este venres 22 no bar Pénjamo de Patos co seu show "Tony Lomba y su atril". Nesta ocasión Tony Lomba actuará acompañado do artista invitado, o seu taburete.

“Sé que más de uno pensará que sin músicos un escenario se queda pobre. Puedo estar de acuerdo, pero es discutible. El espectáculo o su formato cada artista lo monta como quiere, puede o le sale de … Esta historia es simple, sencilla y con todos los inconvenientes que conlleva la música pregrabada, pero mi anarco-animalismo explota desde el primer segundo. Algunas de las canciones son interpretadas improvisando la melodía y sin prejuicio alguno. Disfrutando sin atender a la original para no restar libertad, ni salvajismo al pelele que las destroza. Ese pelele soy yo, el Rey del wachu-wachu.”

Inscricións para a Xeira: Románico do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

ponte-romanaA semana que ven, en colaboración con “O Sorriso de Daniel” o Instituto de Estudos Miñoranos visitará os puntos mais interesantes do Románico do Val Miñor. Por razóns de comodidade esta Xeira contará cun autobús, para o que será preciso anotarse previamente no teléfono, 986360575, en horario de 18,00-22,00, ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ), ata o martes 26 de xullo. O prezo deste bus é de 5 €.

Venres 22 de xullo nova visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón .

Correo-e Imprimir PDF

xeiraO equipo de xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos anuncia unha nova visita nocturna ao Monte Tetón dentro do calendario de Arte Rupestre "Alén Miñor",do verán 2011. A saída será o vindeiro venres 22 de xullo ás 22:00 horas e o punto de encontro será na Casa do Concello de Tomiño.

Roteiro de sendeirismo pola Groba dende Belesar á Chan da Lebre co Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

belesarEste mércores 20 de xullo ás 18:00 horas dende a  Praza de Abastos de Sabarís, parte unha nova xeira do Instituto de Estudos Miñoranos con destino a Groba: De Belesar á Chan da Lebre. Nesta oportunidade os guías serán  Xosé Ramón García e Xilberte Manso de la Torre.

A concellería de turismo de Baiona pon en marcha as "rutas ambientais" pola vila

Correo-e Imprimir PDF
A ruta repetirase durante o mes de agosto.

A concellería de turismo de Baiona programa para o vindeiro 22 de xullo, unha ruta ambiental que pretender dar a coñecer tanto a visitantes como a residentes, o patrimonio natural e etnográfico das súas parroquias. Os puntos a visitar serán: a senda fluvial dos muíños de Baredo, onde se dará aos asistentes información sobre a función destes muíños, á vez que se poderá visitar un deles. O miradoiro de Cabo Silleiro será outros dos puntos de visita desta ruta que culminará cunha visita ao encoro e contorna do río Baíña e os petrogrlifos de Outero dos Lameiros, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL