Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Participa no sorteo de 2 entradas dobres para ir ao festival Son de Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Participa no sorteo de 2 entradas dobres para os concertos do 6 de agosto en CastrelosValminor.info sortea, por cortesía da organización do festival Son de Vigo,  2 entradas dobres para os concertos de RAGDOG, MIGUEL COSTAS, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS e IVAN FERREIRO o próximo 6 de agosto ás 22:30h no auditorio de Castrelos en Vigo.

O Festival Son de Vigo é un espazo propio e relevante para a música feita en Vigo dentro das festas de verán do 3 ao 6 de agosto. A iniciativa parte da Alcaldía e da Concellería de Cultura e Festas de Vigo. Os artistas e grupos participantes son: El Puto Coke, Wöyza, Leo i Arremecaghona, Alféizar, Amaro Ferreiro, Abraham Boba, Ragdog, Miguel Costas,  Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro. Os escenarios: a Praza da Constitución do 3 ao 5 de agosto e o Auditorio de Castrelos o sábado 6 de agosto.

Maxia branca en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
galeraO Porto de Panxón acolle mañá mércores 3 de agosto ás 20.30 horas un espectáculo de maxia branca a cargo de Barafunda Animación. A actividade, organizada pola concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán terá lugar na contorna da palmeira de Panxón, e poderán gozala de forma gratuíta tanto pequenos como maiores.

Axenda cultural e deportiva para o último fin de semana de xullo no concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

-chico-persigue-la-pelota-de-rugby-en-la-playa- A II Travesía a nado Costa Serena celebrarase integramente nas augas de Nigrán.

- Praia América tamén acolle o VI Campionato de Rugby Praia Concello de Nigrán 2011.

- As festas en honra a San Fix completan a axenda cultural e deportiva deste fin de semana.

Chegan as festas en honor a San Fiz en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

San_Fiz_de_Nigrn_detalleO vindeiro luns 1 de agosto Nigrán acolle as Festas de San Fiz 2011, unha popular celebración que inclúe pasarrúas e actuacións musicais. A Banda de Música Cultural Vilanova de Arousa dará o pistoletazo de saída á festa, cuns pasarrúas que sairá ás 11.00 horas da Casa Consistorial rumbo ao recinto de festas de Ceán, onde ofrecerá a todos os asistentes un concerto. Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne en honra a San Fiz, na igrexa co mesmo nome sita na parroquia de Nigrán.

Arqueólogos e expertos do IEM guiarán unha visita nocturna aos petróglifos de Fentáns (Cotobade).

Correo-e Imprimir PDF

petroglifo-fentnsO equipo de arqueólogos e das xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos trasladaranse este venres 29 de xullo ao concello de Cotobade, onde guiarán unha percorrida pola arte rupestre de Fentáns, paraxe situada na parroquia de San Xurxo de Sacos. O punto de encontro será ás 21:30 na Casa da Cultura de San Xurxo de Sacos onde o especialista Xosé Lois Vilar (IEM) dirixirá un coloquio sobre "Escenas de caza na arte rupestre galega". Posteriormente o equipo de xeiras trasladará aos visitantes ata os lugares de observación. O evento é totalmente gratuíto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL