Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A parroquia de Couso celebra a súa VIII Festa Gastronómica "As delicias do Porco".

Correo-e Imprimir PDF
cartel-porco-2011A parroquia de Couso celebra a súa VIII Festa Gastronómica "As delicias do Porco", o vindeiro domingo 14, no torreiro de festas Virxe dos Remedios. Zorza, lacón, orella e unha importante variedade de tapas esperarán aos visitantes que se acheguen ao longo do día. A organización e animación da festa está a cargo da Banda de Gaitas de Couso Novos Aires.

Nigrán enche de eventos e espectáculos a fin de semana máis esperada do verán.

Correo-e Imprimir PDF

salida_mayoresO Concello de Nigrán ofrece como alternativas de lecer para este fin de semana teatro, feira de antigüidades e deportes. Camiños da Cultura trae a Nigrán a obra de teatro de Abrapalabra, O falar non ten cancelas, ás 22.30 horas no Campo das redes. Ás 18.00 horas, os amantes do fútbol poderán quentar motores para a gran cita deportiva deste fin de semana, o clásico Barca-Madrid, co Torneo de Fútbol Concello de Nigrán, un triangular que contará coa presenza do segundo equipo do R.C. Celta de Vigo, o Nigrán C.F. e o Racing Vilariño no campo de fútbol Condomínguez, en Priegue.

Mañá comeza o Torneo Concello de Nigrán coa presenza do Celta B, o Nigrán C.F e o Racing Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF
pelota-en-arcoO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, presentaron hoxe en rolda de prensa o Torneo de Fútbol Concello de Nigrán, un triangular que disputarán o Celta B, o Nigrán C.F. e o Racing Vilariño mañá sábado no campo de fútbol Condomínguez a partir das 18.00 horas. No acto estiveron presentes o ex xugador do Celta e responsable das categorías inferiores do club, Otero, o presidente do Racing Vilariño, Raúl Souto, o secretario do Nigrán C.F., Miguel Riba, e o presidente das Escolas Deportivas Val Miñor, Juan Fco. Díaz.

Visita nocturna ao Eco Parque de Monte Tetón cun percorrido polos petróglifos a cargo do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

xeiraContinúan as Xeiras 2011 que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns. Dentro das Xeiras "Alén Miñor", saídas fora da bisbarra do Val Miñor, visitarase os Petróglifos de Monte Tetón, no concello de Tomiño, situado no Eco Parque de Monte Tetón, nos montes da Comunidade de Montes de Tebra. A visita será o vindeiro venres, 12 de xullo ás 22:00 horas. O punto de encontro será a Casa do Concello de Tomiño.

Hoxe e mañá Berra! Nigrán a toda música.

Correo-e Imprimir PDF

GIGBERRA2011Os días 10 e 11 de agosto o espazo cultural miñorano BERRA! Nigrán presenta un festival de música a desenvolverse a partir das 22 horas no Campo das Redes na Praia Lourido (América). O evento contará coa participación de No Reply (Madrid), Trashtucada (Chiclana Cádiz), La acústica asesina (Galicia) Blackingstones (Galicia) e o DJ Rumbeats. A entrada é gratuíta. O mércores 10 a partir das 18 horas e o xoves 11 ás 17 horas, actividades para nenos a cargo do Colectivo Trasnadas.

 

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL