Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Lucía Pérez coroa o Día do Turista cun recital en Baiona. A vila prepara múltiples eventos na celebración.

Correo-e Imprimir PDF

dia-do-turistaBaiona celebrará o tradicional Día do Turista este xoves 18 de agosto, cunha gran carteleira de actividades e espectáculos que rematará cun recital da cantante Lucía Pérez, representante española na recente edición de Eurovisión. Os actos programados desde a Concellería de Turismo municipal contará con xogos gratuítos para nenos ao longo do día, paseos e visitas guiadas, saídas en barco, actividades deportivas, e unha gran queimada para pechar á festa. As actividades contarán co apoio do persoal que estará instalado na Oficina de Turismo (no Paseo Ribeira). A actuación de Lucía Pereira está prevista para as 23 horas.

Xeira pola obra de Antonio Palacios no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

cara_virxe_da_rocaO arquitecto galego Antonio Palacios (Porriño, 1874 – Madrid, 1945) deixou a súa xenial pegada na historia da arquitectura peninsular. Responsable de boa parte da transformación de Madrid nunha cidade moderna e cosmopolita, tamén amosou a su creatividade en terras miñoranas en dúas obras magníficas: A Virxe da Rocha en Baiona e no Templo Volitivo do Mar en Panxón (Nigrán). O Instituto de Estudos Miñoranos realizará unha visita guiada pola contorna do que se chamou Praia Lourido, e hoxe é Praia América, coa intención de apreciar a obra de Palacios.

Mércores: Concerto de gaitas e pandereteiras no Campos das Redes de Panxón a partir das 21:30h.

Correo-e Imprimir PDF
gaita1Dentro da programación cultural de agosto do Concello de Nigrán o Campo das redes ofrecerá mañá mércores 17 de agosto unha actuación de gaitas e pandereteiras a cargo do Grupo de Baile, Gaitas e Pandereteiras do Centro Cultural O Torreiro de Priegue. A exhibición terá lugar a partir das 21.30 horas e a entrada será gratuíta.

A Ramallosa acolle a exposición fotográfica “Instantes do Val” de Ignacio Goicoechea.

Correo-e Imprimir PDF
cartelexpoignaciogoicoecheaO Centro da Terceira Idade de A Ramallosa alberga ata o vindeiro 25 de agosto a exposición fotográfica Instantes do Val, de Ignacio Goicoechea. Os visitantes poderán gozar desta mostra paisaxística de luns a domingo durante todo o día. O acceso á exposición é gratuíta.

O Coro Cantares do Brión ofrecerá o seu primeiro concerto en solitario este martes 16 en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

brion_nigran_2011Este martes, 16 de agosto, ás 22,30 horas, no Campo das redes, en Panxón - Nigrán, o Coro Tradicional Cantares do Brión ofrecerá o seu primeiro concerto en solitario.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL