Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Pazo do Conde de GondomarEste mércores 24 de agosto o Instituto de Estudos Miñoranos convida a todos os interesados a visitar o emblemático Pazo do Conde de Gondomar. A saída estará guiada polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso (IEM) e comezará ás 18 h cunha breve charla introdutoria na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, nº10 baixo, Gondomar).

Logo partirase cara ao pazo onde se poderá percorrer a contorna e interior do edificio.

Comezan na parroquia de Camos as festas en honor a San Roque.

Correo-e Imprimir PDF

iglesia-camosA partir deste martes a parroquia de Camos vístese de festa ata o próximo 26 de agosto, cos festexos en honor a San Roque. Actividades relixiosas, culturais e musicais estarán presentes este ano, que se completan coa organización de "cucañas" e un poxa de artigos cedidos polos veciños e veciñas da parroquia o último día.

Feira de artesanías e cine ao aire libre en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

adele-y-el-misterio-de-la-mO concello de Nigrán ofrece mañá martes 23 de agosto propostas para todo o día. A praza da Constitución (alcadía)  albergará unha feira de artesanía e de produtos da terra da Fundación Menela Castro Navas pola mañá, así como algunhas mostras de tallas en madeira dun artista local.  Pola noite farase a última proxección do verán do cine ao aire libre, posto en marcha pola concellaría de Turismo, Cultura e Deportes. A película, "Adele e o misterio da momia", visualizarase mañá a partir das 22.30 horas en Campo dás redes.

 

As festas das Angustias acollen o primeiro festival Berra na Festa

Correo-e Imprimir PDF

Berra na Festa 2011O colectivo Berra organiza para este venres 19 de agosto, primer día de festa das Angustias, un cartel novidoso e inusual para as festas das comarcas. As orquestas fan un descanso nesta noite para dar paso a Sacha na Horta, Dakidarría, Segismundo Toxicómano e Skakeo.

O festival Novo Circo chega a Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-Novo-CircoA concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán ofrece para este fin de semana de agosto unha alternativa chea de diversión coa primeira edición do festival Novo Circo. O festival circense celebrarase os días 19, 20 e 21 de agosto na contorna do Porto de Panxón a partir das 20.30 horas cada un dos días, coas actuacións de Juanín, Jano e Roi Borrallas, respectivamente. Ademais, o sábado pola noite Isla Letrisca presentará a Gran Gala de Circo, que terá lugar no escenario de Campo das redes a partir das 23.00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL