Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A Asociación de Veciños Dunas de Nigrán organiza o festival multicultural de artes escénicas “Dunas”

Correo-e Imprimir PDF
Capela das Angustias, Nigrán.

A Asociación Veciñal Dunas de Nigrán, organiza en colaboración con Barafunda Animación e do Concello de Nigrán, o festival multicultural das artes escénicas "Dunas". A actividade terá lugar mañá venres 29 xullo, entre as 20.00 e as 22.30 no recinto do Torreiro da igrexa das Angustias, espazo cedido gratuitamente pola Asociación Cultural das Angustias, Nigrán.

O monólogo musicado de Tonhito de Poi chega ao Campo das redes en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
Tonhito_de_Poi_no_seu_Facebook.jpg.scaled.500Este xoves 28 de xullo a partir das 22:30 no Campo das redes (Panxón) actuará o polifacético artista Antonio Ageitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi (Castiñeiras, Ribeira,1969). Tonhito de Poi interpretará un monólogo musicado. O espectáculo enmárcase dentro das actividades polo Concello de Nigrán co programa Camiños da Cultura da Xunta de Galicia . A entrada é gratuíta.

O pop rock retro dos vigueses El Jardín de Lili na madrugada da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

El-Jardn-de-LiliEL JARDIN DE LILI estará este xoves 28 de xullo ás  0:30 no pub Ázzaro da Ramallosa. O grupo vigués, interpretará un repertorio de cancións do pop - rock dos 70 e os 80.

Últimas prazas para o autobús da xeira polo Románico no Val Miñor organizada polo IEM.

Correo-e Imprimir PDF

ponte-romanaO vindeiro mércores 27 de xuño, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración con "O Sorriso de Daniel" organiza unha visita guiada polos puntos máis interesantes do Románico do Val Miñor. Por razóns de comodidade esta Xeira contará cun autobús, para o que será preciso anotarse previamente no teléfono, 986360575, en horario de 18,00-22,00, ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ), ata o martes 26 de xullo. O prezo deste bus é de 5 €.

O Concello de Nigrán presenta unha nutrida axenda cultural e deportiva no fin de semana longo.

Correo-e Imprimir PDF

camino-santiago-senal-1O programa cultural Camiños da Cultura, unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia, trae a Nigrán o espectáculo circense Peter Punk, que tamén estará presente no FestiClown en Vigo. O espectáculo, de entrada totalmente gratuíta, terá lugar ao final da Alameda de San Campio (A Foz) na Ramallosa, a partir das 20.30 horas. A oferta cultural do fin de semana complétase coa Festa da Espuma no Torreiro de Parada a partir das 22.00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL