Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O Mercado de la Tía Ni de Sabarís acolle o faladoiro "Relaciones entre escritores de Galicia e Portugal" .

Correo-e Imprimir PDF

frontera-galicia-portugalRelaciones entre escritores de Galicia e Portugal será o tema do novo faladoiro literario no espazo cultural Mercado de la Tía Ni. O encontro será este xoves 4 de agosto ás 20 horas. Manuel Mariño (bibliógrafo) participará como moderador deste faladoiro informal. O Mercado de la Tía Ni atópase no camiño Julián Valverde, número 36 na parroquia de Sabarís, Baiona.

Ciclo Cine na rúa en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Como entrenar a tu dragónHoxe da comezo o ciclo de cine na rúa en Gondomar organizado pola Concellería de Cultura. O lugar para as proxeccións será o Parque da Coelleira ás 22:30h , detrás do edificio do Concello. O primeiro filme en abrir este ciclo este mércores 3 de agosto será a película de animación "Cómo entrenar a tu dragón"

O monólogo musicado de Tonhito de Poi volve ao Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Tonhito_de_Poi_no_seu_Facebook.jpg.scaled.500Tonhito de Poi volve ao Val Miñor co seu monólogo musicado. A cita será este  xoves 4 de agosto a partir das 23:00h na Tarberna Marrucho (Percebilleira 58 - Baiona) formando parte do cartaz do I Ciclo de Monólogos do Marrucho. A entrada ten un custe de 4€.

Segunda ruta ambiental por Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Este xoves remata o prazo de inscripción para esta segunda rutaMañá xoves termina o prazo de inscrición para realizar a 2ª ruta ambiental por Baiona.

A Concellaría de Turismo de Baiona informa da organización da segunda, das catro rutas ambientais que levarán a cabo este verán en Baiona. Nesta visita os participantes poderán coñecer o patrimonio natural e etnográfico das parroquias da Vila, visitando puntos como a senda fluvial dos muíños de Baredo, onde se dará aos asistentes información sobre a función destes muíños, o miradoiro de Cabo Silleiro, coas súas impresionantes vistas panorámicas; a visita á contorna natural do río en Baíña e aos petróglifos de Outeiro dous Lameiros, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

O IEM guiará unha xeira polo tramo final do río Muíños este mércores en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

rio-muiosA andaina terá por obxectivo visitar o bosque de ribeira atlántica desta zona do Val Miñor, salientando a súa frondosa e diversa vexetación que caracteriza este tipo de área ecolóxica. Tamén e durante todo o percorrido, repasarase a rica toponimia do lugar. A saída será este mércores 3 de agosto ás 18 horas e terá como punto de encontro o quiosco Pasión Praia en Praia Lourido (Praia América). Os guías serán os membros do Instituto de Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar e Xosé Ramón García.

 

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL