Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O IEM guiará unha xeira polo tramo final do río Muíños este mércores en Nigrán.

O IEM guiará unha xeira polo tramo final do río Muíños este mércores en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
rio-muios

A andaina terá por obxectivo visitar o bosque de ribeira atlántica desta zona do Val Miñor, salientando a súa frondosa e diversa vexetación que caracteriza este tipo de área ecolóxica. Tamén e durante todo o percorrido, repasarase a rica toponimia do lugar. A saída será este mércores 3 de agosto ás 18 horas e terá como punto de encontro o quiosco Pasión Praia en Praia Lourido (Praia América). Os guías serán os membros do Instituto de Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar e Xosé Ramón García.