Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Máis de 300 persoas participaron da visita nocturna ao Monte Tourón organizada polo IEM.

Máis de 300 persoas participaron da visita nocturna ao Monte Tourón organizada polo IEM.

Correo-e Imprimir PDF
xeira-monte-tourn

O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) achega as súas pescudas sobre petróglifos e arte rupestre por toda Galicia coas xeiras "Alen Miñor".

Fóra de toda previsión, a visita nocturna para visitar os petróglifos de Monte Tourón (concello Pontecaldelas) congregou a máis de 300 persoas chegadas de distintos puntos de Galicia. Autobuses de estudantes, grupos da adultos maiores, rapaciños, e xente de tódalas idades achegáronse sobre as 22 horas ao Centro de Interpretación Arqueolóxica do Monte Tourón, para escoitar unha presentación do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre "Escenas de caza na arte rupestre galega". Inmediatamente despois, os asistentes subiron cara ao monte para visitar os petróglifos guiados polo equipo de xeiras do IEM.

O vindeiro mércores 20, continúan as Xeiras do Verán cunha visita a Serra da Groba: de Belesar a Chan da Lebre, que estará a cargo dos guías Xilberte Manso e Xosé Ramón García. A saída será ás 18 horas da Praza de Sabarís.

Dim lights Embed Embed this video on your site