Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Segunda ruta ambiental por Baiona

Segunda ruta ambiental por Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Este xoves remata o prazo de inscripción para esta segunda ruta

Mañá xoves termina o prazo de inscrición para realizar a 2ª ruta ambiental por Baiona.

A Concellaría de Turismo de Baiona informa da organización da segunda, das catro rutas ambientais que levarán a cabo este verán en Baiona. Nesta visita os participantes poderán coñecer o patrimonio natural e etnográfico das parroquias da Vila, visitando puntos como a senda fluvial dos muíños de Baredo, onde se dará aos asistentes información sobre a función destes muíños, o miradoiro de Cabo Silleiro, coas súas impresionantes vistas panorámicas; a visita á contorna natural do río en Baíña e aos petróglifos de Outeiro dous Lameiros, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

Disporase dun microbús de 30 prazas que sairá o venres ás 10 da mañá desde a Oficina de Turismo, situada no Paseo da Ribeira e prevese unha duración aproximada de dúas horas e media.

O custo da visita é de 3€ por persoa, excepto os menores de 6 anos para os que será gratis. As inscricións realizaranse no horario da Oficina de Turismo (de luns a domingo, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 h.). Para que leve a cabo a ruta, necesitarase un mínimo de 10 persoas.

Esta mesma visita repetirase novamente  nas mesmas condicións, os días 12 e 26 de agosto.