Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Os fotógrafos Mónica Castuera e Txiki Dacosta expón "Un sorriso nas mans" en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

un-sorriso-nas-mans"Un sorriso nas mans" é unha mostra fotográfica dos artistas Mónica Castuera e Txiki Dacosta que pódese visitar na Capitanía Marítima de Baiona, na Rúa Elduayen nº 20. A exposición estará aberta de martes a domingos no horario de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.

O Centro Cultural O Torreiro de Priegue celebra el Día da Muiñeira.

Correo-e Imprimir PDF
mueiraO Centro Cultural O Torreiro de Priegue celebra mañá sábado 2 de xullo o Día da Muñeira. La actividade comezará ás 19:30 hora e contará coa actuación dos grupos folclóricos "Barca de Loimil", de Arbo, "A Fiada", de Santa María de Oia e o C.R.C. "O Torreiro" de Pruiegue.

Esta noite da comezo o Festival musical "Sons da Lameira" en Matamá.

Correo-e Imprimir PDF

son-da-lameiraHoxe na tardiña e ata mañá sábado terá lugar o festival Sons da Lameira en Matamá (Vigo). A actividade cultural comeza o venres 1 de xullo ás 22 horas co "Matamafolc", no que participarán os grupos Os Irmandiños de Vincios, Os Terribles de Donas, A Requinta da Laxeira, e Cé Orquestra Pantasma. O Sábado 2 de xullo, dende as 20 horas terá lugar o "Malaherbarock", no escenario Malaherba. Participarán Skunk D.F. , Ruxe Ruxe, Medomeda, Os Podridos; e no escenario "Xuventude": Deggo, Essenzia, R.I.F. e Paniko en las calles.

A vila de Gondomar terá a súa noite de músicas e imaxes coa inauguración do II Festival de Fotografía.

Correo-e Imprimir PDF

imaxes-proxectadas"Petroglifos" a serie de fotografías do equipo das Xeiras e a Sección Arqueolóxica do Instituto Estudos Miñoranos, "Sitio adecuado, momento xusto" (Tito) , "Desertización"(AFOGRA) e mais "Músicas de Foto" (Xacobe Casal) abrirán mañá o II Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez, na vila de Gondomar. As series de imaxes serán proxectadas sobre o edificio da Praza de Abastos de Gondomar , o parque da Colleira, , a praza do Centro de Saúde e mais o parque das Ánimas, dende ás 22 horas ata ben entrada a noite para que tódalas persoas que se acheguen pola vila teñan a posibilidade de percorrer estes catro espazos.

Gondomar exhibe ao aire libre 16 proxeccións no II Encontro de Fotografía Dixital.

Correo-e Imprimir PDF

CARTELGENERAL1O vindeiro venres 1 de xullo a partir das 22 horas comezas as exhibicións ao aire libre da mostra fotográfica do II Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez por diversos espazos e edificios da vila de Gondomar. O evento, organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar e apoiado polo Instituto de Estudos Miñoranos, constará da proxeccións de 16 series fotográficas sobre a superficie do edificio da Praza de Abastos, no Centro de Saúde e os parques da Colleira e das Ánimas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL