Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Esta noite da comezo o Festival musical "Sons da Lameira" en Matamá.

Esta noite da comezo o Festival musical "Sons da Lameira" en Matamá.

Correo-e Imprimir PDF
son-da-lameira

Hoxe na tardiña e ata mañá sábado terá lugar o festival Sons da Lameira en Matamá (Vigo). A actividade cultural comeza o venres 1 de xullo ás 22 horas co "Matamafolc", no que participarán os grupos Os Irmandiños de Vincios, Os Terribles de Donas, A Requinta da Laxeira, e Cé Orquestra Pantasma. O Sábado 2 de xullo, dende as 20 horas terá lugar o "Malaherbarock", no escenario Malaherba. Participarán Skunk D.F. , Ruxe Ruxe, Medomeda, Os Podridos; e no escenario "Xuventude": Deggo, Essenzia, R.I.F. e Paniko en las calles.

O festival SONS DA LAMEIRA está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá que teñen entre a xente nova a maior parte dos seus integrantes. Estas asociacións son o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación Xuvenil de Actividades de Ocio deMatamá, ambas as dúas constituídas por mozos e mozas con ampla experiencia na organización de eventos destas características, como por exemplo o Matamáfolc, Matamá Rock, Teima Rock, etc.

Por máis información sobre o festival e as rutas de acceso consultar a web de Sons da Lameira.