Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Concello de Nigrán presenta unha nutrida axenda cultural e deportiva no fin de semana longo.

O Concello de Nigrán presenta unha nutrida axenda cultural e deportiva no fin de semana longo.

Correo-e Imprimir PDF
camino-santiago-senal-1

O programa cultural Camiños da Cultura, unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia, trae a Nigrán o espectáculo circense Peter Punk, que tamén estará presente no FestiClown en Vigo. O espectáculo, de entrada totalmente gratuíta, terá lugar ao final da Alameda de San Campio (A Foz) na Ramallosa, a partir das 20.30 horas. A oferta cultural do fin de semana complétase coa Festa da Espuma no Torreiro de Parada a partir das 22.00 horas.

Borlos Celta

Ademais, o campo de Bolos Celta de Ceán acollerá a II proba do Circuíto de Bolos Celtas Concello de Nigrán, nunhas probas que se disputarán o sábado e o domingo. A entrega de premios do torneo será o domingo 25 de xullo ás 13.30 horas.

Deporte na praia

A praia de Panxón acolle hoxe sábado, a partir das 16.00 horas, e mañá ao longo de todo o día o torneo de Tenis Praia Concello de Nigrán Talesport, cancelado o fin de semana pasado polas condicións meteorolóxicas. Os amantes do deporte na praia tamén poderán gozar dun divertido día co Surfing Day Decatlhon, que se celebrará o vindeiro domingo 25 de xullo na praia de Patos, e que permitirá a todos os interesados practicar distintos deportes de praia no areal de forma gratuíta.

A xornada de mañá domingo comeza cunha misa en honra á Virxe do Carmen no monumento á Mariña Universal, de Monteferro ás 12.00 horas, nun acto que estará acompañado polo grupo de gaitas O Torreiro de Priegue. Ademais, a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Monteferro acollerá un acto-homenaxe aos nosos maiores a partir das 19.00 horas. O grupo de gaitas " Os Trebellos" de Bahiña (Baiona) amenizará o acto. Xa o luns 25 de xullo a banda de música de Belesar ofrecerá un concerto tamén gratuíto a partir das 12.00 horas. O concerto en honra ao día Do Apostol Santiago será na Alameda de San Campio na Ramallosa.

O domingo 24 tamén comezan as festas en honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana na parroquia de Parada. O 25 ás 12.00 horas celebrarase unha misa en honra ao apóstolo na igrexa desta parroquia.

Torneo de Tenis

Ademais, o sábado comeza en XVIII Torneo Concello de Nigrán Talesport, nas instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar, en Panxón, que se prolongará ata o próximo 30 de xullo.