Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O festival Novo Circo chega a Nigrán

O festival Novo Circo chega a Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Cartel-Novo-Circo

A concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán ofrece para este fin de semana de agosto unha alternativa chea de diversión coa primeira edición do festival Novo Circo. O festival circense celebrarase os días 19, 20 e 21 de agosto na contorna do Porto de Panxón a partir das 20.30 horas cada un dos días, coas actuacións de Juanín, Jano e Roi Borrallas, respectivamente. Ademais, o sábado pola noite Isla Letrisca presentará a Gran Gala de Circo, que terá lugar no escenario de Campo das redes a partir das 23.00 horas.

Paralelamente, o sábado a partir das 19.00 horas tamén se instalará en Campo das redes o mercado de artesanía Amandoval.