Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira pola obra de Antonio Palacios no Val Miñor

Xeira pola obra de Antonio Palacios no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
cara_virxe_da_roca

O arquitecto galego Antonio Palacios (Porriño, 1874 – Madrid, 1945) deixou a súa xenial pegada na historia da arquitectura peninsular. Responsable de boa parte da transformación de Madrid nunha cidade moderna e cosmopolita, tamén amosou a su creatividade en terras miñoranas en dúas obras magníficas: A Virxe da Rocha en Baiona e no Templo Volitivo do Mar en Panxón (Nigrán). O Instituto de Estudos Miñoranos realizará unha visita guiada pola contorna do que se chamou Praia Lourido, e hoxe é Praia América, coa intención de apreciar a obra de Palacios.

Para participar desta visita pola testemuña arquitectónica do co autor entre outros do Palacio de Comunicación da praza da Cibeles (Madrid, 1904) e o actual edificio do Instituto Cervantes (antigo Banco do Río da Prata en Madrid,1909), deberase estar ás 18 horas no Templo de Panxón o vindeiro mércores 17 de agosto. O guía do percorrido será Xosé Ramón Iglesias Veiga. Pódese descargar unha folla informativa da visita na web do IEM.