Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Lucía Pérez coroa o Día do Turista cun recital en Baiona. A vila prepara múltiples eventos na celebración.

Lucía Pérez coroa o Día do Turista cun recital en Baiona. A vila prepara múltiples eventos na celebración.

Correo-e Imprimir PDF
dia-do-turista

Baiona celebrará o tradicional Día do Turista este xoves 18 de agosto, cunha gran carteleira de actividades e espectáculos que rematará cun recital da cantante Lucía Pérez, representante española na recente edición de Eurovisión. Os actos programados desde a Concellería de Turismo municipal contará con xogos gratuítos para nenos ao longo do día, paseos e visitas guiadas, saídas en barco, actividades deportivas, e unha gran queimada para pechar á festa. As actividades contarán co apoio do persoal que estará instalado na Oficina de Turismo (no Paseo Ribeira). A actuación de Lucía Pereira está prevista para as 23 horas.

A primeira actividade será unha ruta ambiental que partirá ás 10 de mañá da Oficina de Turismo situada no Paseo Ribeira a carón da fortaleza de Monterreal . Esta actividade desenvólvese en autobús polo que as prazas son limitadas e requiren anotarse na devandita oficina o telefonicamente a través do 986687067. Esta como a totalidade das actividades da carteleira é totalmente de balde.

As 11h outra visita guiada partirá a pé dende a Oficina de Turismo cara á fachada marítima e inclúe un percorrido pola Loxa de pescadores de Baiona. Para participar desta actividade basta con estar antes da partida no lugar de saída.

De 11:30 a 13:30 se disporá de xogos inchables para nenos no Paseo Ribeira. Ás 12:30 outra ruta ambienta en autobús partirá da Oficina de Turismo (tel. 986687067). Ás 13:30 desenvolverase un percorrido en barco (xa totalmente ocupado), ás 16:30 outra visita guiada partirá dende o Paseo Riberia a pé por Baiona. De 17 a 21 horas volven os xogos inchables para nenos. 17:30 outra ruta medioambiental partirá dende o Paseo que require inscrición.

De 18 a 20 horas obradoiros e talleres para nenos no Paseo Ribeira. Sobre as 19:30 visita guiada dende a Oficina de Turismo a fortaleza do Monterreal. Ás 20 horas comezará o 5ª Torneo de fútbol 7 "Día del Turista" no campo do Aral (inscricións no 986687067).

Para as 23 horas se espera o espectáculo de Lucía Pérez e pechará a xornada a preparación e conxuro dunha queimada a cargo de Mariano e posterior degustación gratuíta.