Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Coro Cantares do Brión ofrecerá o seu primeiro concerto en solitario este martes 16 en Panxón.

O Coro Cantares do Brión ofrecerá o seu primeiro concerto en solitario este martes 16 en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
brion_nigran_2011

Este martes, 16 de agosto, ás 22,30 horas, no Campo das redes, en Panxón - Nigrán, o Coro Tradicional Cantares do Brión ofrecerá o seu primeiro concerto en solitario.

Será dentro do Programa de Actividades Agosto 2011 que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Nigrán.

A agrupación interpretará un repertorio onde salientan os alalás, foliadas, pandeiradas, con algunha novidade como a peza titulada "Na Touba do Brión", que estreara hai poucas semanas no Festival Folc Illa de San Simón, en Cesantes. A letra desta peza son varias coplas recollidas por Rosalía Hermida Pérez, natural de Xián - Vincios (Gondomar) e que é avoa dunha das compañeiras do coro; a música é de Luís Correa "Caruncho", tamén membro de Cantares do Brión.

"Este concerto é moi importante para nós, por celebrarse no Val Miñor, nun concello onde aínda non estiveramos, e no marco da programación de verán, nun lugar onde anteriormente estiveron Milladoiro, Berrogüetto, Son de Seu e outras agrupacións de primeira liña.", manifestan os integrantes do coro. Agregan que "Unha parte importante do repertorio, de nova creación, refírese á comarca do Val Miñor, o noso escenario natural."