Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Nigrán enche de eventos e espectáculos a fin de semana máis esperada do verán.

Nigrán enche de eventos e espectáculos a fin de semana máis esperada do verán.

Correo-e Imprimir PDF
salida_mayores

O Concello de Nigrán ofrece como alternativas de lecer para este fin de semana teatro, feira de antigüidades e deportes. Camiños da Cultura trae a Nigrán a obra de teatro de Abrapalabra, O falar non ten cancelas, ás 22.30 horas no Campo das redes. Ás 18.00 horas, os amantes do fútbol poderán quentar motores para a gran cita deportiva deste fin de semana, o clásico Barca-Madrid, co Torneo de Fútbol Concello de Nigrán, un triangular que contará coa presenza do segundo equipo do R.C. Celta de Vigo, o Nigrán C.F. e o Racing Vilariño no campo de fútbol Condomínguez, en Priegue.

O domingo o foco de actividades céntrase en Panxón, coa Nigrán Area como alternativa deportiva. A saída da carreira é ás 11.00 horas desde a contorna do porto de Panxón, e a entrega de premios celebrarase unha vez finalizada a carreira, cara ás 13.00 horas. Para os menos inquietos a alternativa queda a pé de rúa, coa Feira de Antigüidades e coleccionismo no porto de Panxón, aberta todo o día a partir das 11.00 horas. Pola noite, a escola Galicia en Danza ofrecerá unha exhibición de aproximadamente unha hora e media de duración con 16 bailes de distintos estilos. O espectáculo comezará ás 22.00 horas no Campo das redes. Ademais, un grupo dos máis de 600 mozos franceses que estarán en Nigrán até o vindeiro luns 15 de agosto con motivo das JMJ 2011, ofrecerán no Torreiro das Angustias un festival de música baixo o nome de I son unik un, a partir das 22.00 horas.

O luns a banda de música de Valadares ofrecerá un concerto na Capela de San Campío, na Ramallosa, ás 12.00 horas. Ás 20.30 horas, nova actuación de Camiños da Cultura. Esa noite actuará o Novo Circo de Roi Sixto, Roi o cagabolas, no Paseo da Foz de Ramallosa ás 20.30 horas.