Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Mañá comeza o Torneo Concello de Nigrán coa presenza do Celta B, o Nigrán C.F e o Racing Vilariño.

Mañá comeza o Torneo Concello de Nigrán coa presenza do Celta B, o Nigrán C.F e o Racing Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF
pelota-en-arco
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, presentaron hoxe en rolda de prensa o Torneo de Fútbol Concello de Nigrán, un triangular que disputarán o Celta B, o Nigrán C.F. e o Racing Vilariño mañá sábado no campo de fútbol Condomínguez a partir das 18.00 horas. No acto estiveron presentes o ex xugador do Celta e responsable das categorías inferiores do club, Otero, o presidente do Racing Vilariño, Raúl Souto, o secretario do Nigrán C.F., Miguel Riba, e o presidente das Escolas Deportivas Val Miñor, Juan Fco. Díaz.