Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Visita nocturna ao Eco Parque de Monte Tetón cun percorrido polos petróglifos a cargo do IEM.

Visita nocturna ao Eco Parque de Monte Tetón cun percorrido polos petróglifos a cargo do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
xeira

Continúan as Xeiras 2011 que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns. Dentro das Xeiras "Alén Miñor", saídas fora da bisbarra do Val Miñor, visitarase os Petróglifos de Monte Tetón, no concello de Tomiño, situado no Eco Parque de Monte Tetón, nos montes da Comunidade de Montes de Tebra. A visita será o vindeiro venres, 12 de xullo ás 22:00 horas. O punto de encontro será a Casa do Concello de Tomiño.

O evento comezará cunha presentación audiovisual de arte rupestre a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar, no punto de encontro. Logo da presentación terá lugar a visita ao conxunto de petróglifos de Monte Tetón. Estes conxuntos exhiben unha gran superficie gravada con inscricións sobre granito cunha grande variedade de motivos, que inclúen a maior combinacións de circulares coñecidos en Europa. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta