Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Axenda cultural e deportiva para o último fin de semana de xullo no concello de Nigrán.

Axenda cultural e deportiva para o último fin de semana de xullo no concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
-chico-persigue-la-pelota-de-rugby-en-la-playa

- A II Travesía a nado Costa Serena celebrarase integramente nas augas de Nigrán.

- Praia América tamén acolle o VI Campionato de Rugby Praia Concello de Nigrán 2011.

- As festas en honra a San Fix completan a axenda cultural e deportiva deste fin de semana.

O Concello de Nigrán pecha o último fin de semana de xullo, tamén longo pola festividade de San Fiz, con actividades deportivas, culturais e con festas tradicionais. No ámbito cultural, o fin de semana ábrese mañá sábado 20 de xullo co Festival de Habaneiras e Boleros a cargo da Coral Polifónicas Novos Aires, de Nigrán. O acto celebrarase a partir das 21.30 horas no Torreiro das Angustias. As festas de praia América celébranse tamén este fin de semana, os días 30,31 e 1, con gran tirada de foguetes a partir das doce horas do luns 1 de agosto. O fin de semana péchase o luns coas festas municipais en honra a San Fiz, no recinto cultural de Ceán. Exposición fotográfica

A programación cultural de agosto arrinca cunha exposición fotográfica a cargo de Ignacio Goicoechea no Centro da Terceira Idade da Ramallosa. A exposición "Instantes do Val" está composta por instantáneas do Val Miñor, como o seu nome indica, e permanecerá aberta ao público ata o próximo 25 de agosto.

Deporte na praia

No apartado de actividades deportivas, praia América acolle mañá sábado 30 de xullo o VI Campionato de Rugby Praia a partir das 11.00 horas. A entrega de premios contará coa presenza do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e coa concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva.

II Travesía a nado Costa Serena

Praia América tamén recibirá a II Travesía a nado Costa Serana, organizada en colaboración do Concello de Nigrán. A travesía dará comezo ás 11.30 horas fronte ás instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar. Na súa segunda edición, a travesía conta coa participación de 185 nadadores, dos cales aproximadamente un terzo proceden do Val Miñor e o resto de diferentes partes de Galicia. Tamén conta coa participación dos campións portugueses de longa distancia.

No seu percorrido, que será duns 3.700 metros, os nadadores desprazásense ata o faro, para retomar rumbo á costa, en dirección a praia América. Pouco antes de chegar á costa, virasen novamente cara ao punto de saída paralelos á praia, debuxando un trazado triangular no seu percorrido. A hora prevista de chegada á meta oscila entre as 12.00 e as 13.00 horas, en función da velocidade dos nadadores. A hora de congregación dos nadadores será ás 10:00 da mañá nas instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar, onde se fará entrega dos gorros e as camisetas aos participantes.

A II Travesía a nado Costa Serena conta coa colaboración e participación do Concello de Nigrán e da concellaría de Turismo, Cultura e Deportes; coa Policia Local, Tapería Orballo, Estabiliza, Confraría de Pescadores, Protección Civil, Cruz Vermella, Escola Beach, Fontanería Fragata, Tintorería Delfín, , Construcións Divos, Froitoval, Auga Sa, Imprenta Ponte Cor, Coca cola, Rosquillas cristaleiro e a axuda de particulares que acompañarán coas súas propias embarcacións no percorrido da proba.

Final torneo de tenis

Como peche das actividades deportivas deste mes de xullo, o domingo 31 celebrarase a final do XVIII Torneo de Tenis Concello de Nigrán Talesport a partir das 18.00 horas. O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, farán entrega dos trofeos ao finalizar a final do torneo.