Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Chegan as festas en honor a San Fiz en Nigrán.

Chegan as festas en honor a San Fiz en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
San_Fiz_de_Nigrn_detalle

O vindeiro luns 1 de agosto Nigrán acolle as Festas de San Fiz 2011, unha popular celebración que inclúe pasarrúas e actuacións musicais. A Banda de Música Cultural Vilanova de Arousa dará o pistoletazo de saída á festa, cuns pasarrúas que sairá ás 11.00 horas da Casa Consistorial rumbo ao recinto de festas de Ceán, onde ofrecerá a todos os asistentes un concerto. Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne en honra a San Fiz, na igrexa co mesmo nome sita na parroquia de Nigrán.

A Orquestra Cidade de Vigo será a responsable de amenizar a noite das Festas de San Fiz, cunha actuación que comezará ás 22.00 horas. Como novidade, nesta edición os máis pequenos tamén terán o seu espazo nas festas de San Fiz, xa que a partir das 20.00 horas habilitarase un inchable e un programa de animación infantil de maquillaxe.