Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Venres 22 de xullo nova visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón .

Venres 22 de xullo nova visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón .

Correo-e Imprimir PDF
xeira

O equipo de xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos anuncia unha nova visita nocturna ao Monte Tetón dentro do calendario de Arte Rupestre "Alén Miñor",do verán 2011. A saída será o vindeiro venres 22 de xullo ás 22:00 horas e o punto de encontro será na Casa do Concello de Tomiño.

Eduardo Méndez será o guía deste percorrido por unha das concentracións de petróglifos más fermosa do sur de Galicia. A actividade é para todo público e totalmente gratuíta. Recoméndase ter a precaución de levar auga para beber, lanternas, abrigo e calzado apropiado para a travesía.