Coma todos os anos na tempada estival a bisbarra recibe a visita dun continxente de cativos dos campamentos de refuxiados do Tinduf, no Sahara Occidental. Este ano son once as nenas e nenos saharauís que ficarán repartidos en cinco fogares familiares de Gondomar, outros tanos de Nigrán e un de Baiona. Protexerlles das altas temperaturas do verán no Sahara e prover dunha atención sanitaria a través do Sergas son algúns dos obxectivos pola que a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) ten desenvolto este programa de familias acolledoras coñecido como Vacacións en Paz. A estadía prolongarase até o vindeiro 7 de setembro.
O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
Once cativos saharauís chegan ao Val Miñor para unhas “Vacacións en Paz”
Encaixamos Val Miñor procura colaboradores para desfile de modas solidario
Aberto o prazo de inscrición para o desfile benéfico organizado por Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) para recadar fondos para unha furgoneta adaptada.
Será o día 15 de agosto no Casino de Sabaris, de 11:30 ata as 22:30 horas.
#Gondomar : A orquestra Panorama pechará as festas do Santo en Santa Baia de Donas.
A parroquia de Donas pechará agosto coas tradicionais festas na honra do "Doce nome de Xesús: O Santo". Xogos pirotécnicos, pasarrúas e verbenas acompañarán os actos relixiosos.
As bandas musicais de Mougás e Belesar animarán as celebracións matinais do sábado e domingo. Os festexos darán comezo o venres 28 e rematarán na noite do luns 31 coa actuación da popular orquestra Panorama.
Son da Rúa encheu de alegría o inicio das festas de San Lourenzo de Belesar. #Baiona
Son da Rúa deixa pegada na primeira celebración do seu festival na parroquia de Belesar. Centos de veciños e visitantes acudiron ao longo do día a visitar os postos de artesáns e produtos locais que ofreceu o encontro cultural co que deu comezo a festividade local de San Lourenzo.
Cedo a festa espallouse tamén polas redes. "Preparado o palco, postiños artesáns, e musiquiñas tradicionais de mañá para dar paso a Jam Sesion da tarde que abre ás 16:30 e seguirá con teatro e os concertos dos grupos de música ata ben tarde á noite!".
O torneo de tenis-praia de Panxón acada un récord autonómico de participantes na disciplina.
Cun récord de 60 inscritos o torneo de tenis praia de Panxón dará inicio pese os prognósticos de choiva.
Serán 30 parellas de toda Galicia as que competirán dende este venres na 3ª edición do AGTP de tenis-praia de Panxón. Todo un récord de participación segundo dá coñecer a organización deste torneo que terá inicio este venres ás 16 horas. Mas os prognósticos meteorolóxicos para a fin de semana fan que o calendario estipulado inda teña carácter provisional pois en caso de choivas terían lugar variacións.
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL