A Coral Stella Maris de Priegue destacou coas súas voces na noite do sábado. No transcurso do III Festival de Verán o Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue abarrotouse de público que seguiu o concerto.
O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
A Coral Stella Maris destacou na noite do III Festival de Verán celebrado no Torreiro de Priegue.
O Rías Baixas acadou o recoñecemento dos tres alcaldes do Val Miñor pola promoción do ciclismo.
O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá no Concello a unha representación do Club Ciclista Rías Baixas. Nese encontro o rexedor transmitiu o recoñecemento á entidade con sede en Nigrán polo seu esforzo e dedicación na promoción deste deporte.
Ao acto asistiron tamén os alcaldes de Baiona e Gondomar, Jesús Vázquez Almuíña e Paco Ferreira, así como José Antonio Vilán, vicerreitor da Universidade de Vigo (colaboradora do club) e o presidente do club, José Luís Chamorro.
Piden investigar a empresa dunha ex-cargo do PP polas deficiencias no novo hospital de Vigo.
Pingueiras, pequenas inundacións, e mesmo unha parte dun falso teito desplomada sobre unha paciente. Son algunhas das deficiencias que amosou nas súas primeiras semanas de funcionamento o novo hospital de Vigo, aberto parcialmente este verán e visitado ata a saciedade por cargos da Xunta nas vésperas das eleccións municipais.
Os problemas no edificio súmanse á indignación xerada por algunhas das súas 'novidades', como o aparcadoiro que obriga a pagar aos doentes e parte do persoal. Neste contexto, entre o persoal e a oposición parlamentaria multiplícanse as voces que esixen responsabilidades e unha investigación apuntando á Xunta, pero tamén a unha empresa xestionada por unha ex-cargo do PP.
#Nigrán: Táboas de surf especialmente equipadas para salvamento vixiarán os areais do Lourido.
O Concello de Nigrán adquire unha táboa de salvamento acuático para Praia América como proba para extrapolar aos principais areais do municipio
O artefacto, similar a unha táboa de surf, é especialmente indicado para rescates complicados e a longa distancia, reducindo o tempo de intervención en máis dun minuto si a vítima se atopa a 150 metros
O colectivo “ViGa” renova a mostra de arte no Mercado da Tía Ni en Sabarís.
Até finais de setembro poderá visitarse a mostra de arte dos creadores Víctor Lorenzo e Gabi Carrera. Instalada no Mercado de la Tía Ni, a exposición estará aberta de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL