Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

#Baiona : O Concello fornece con chalecos antibalas aos cadros da Policía Local.

Correo-e Imprimir PDF

policia local baionaO Concello de Baiona fornece de chalecos antibalas e anticorte de última xeración a todo o cadro de persoal da Policía Local. A medida forma parte dunha política de mellora da calidade policial que o goberno local, anuncia, está a desenvolver en coordinación cos representantes sindicais do corpo e a Xefatura de Baiona. A iniciativa forma parte do Plan de Calidade Turística en Destino promovido pola Secretaría do Estado de Turismo, sinala o rexedor Jesús Vázquez Almuiña, quen afirma que o conxunto de medidas que está a desenvolver a súa administración garanten a seguridade dos axentes nos operativos e outros riscos propios do seu traballo.

O aumento da demanda no verán obriga a Telefónica ampliar a cobertura de voz e datos no Val Miñor. #Baiona #Gondomar #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

sen internetTelefónica asegura que así dará resposta ao incremento da demanda de voz e datos derivada da afluencia masiva de visitantes no verán. A medida afecta a Baiona, Gondomar e Nigrán segundo un comunicado emitido este venres pola empresa. Nel sinala que igual decisión tomouse para O Morrazo, O Salnés e Vigo. Telefónica asegura ter investido próximo ao millón de euros para mellorar a cobertura galega cun plan especial a tal fin.

Cae banda de narcotraficantes con base na provincia de Pontevedra e redes en todo o Estado español.

Correo-e Imprimir PDF

coche Guardia CivilTras dous anos de investigación a Garda Civil logrou desarticular unha banda de narcotraficantes que introducía cocaína en contenedores a través do porto de Marín. Entre os detidos atópanse empresarios e traballadores de varios oficios, todos eles novos e sen antecedentes penais. A Organización traficaba logo en todo o Estado español.
Composta por persoas residentes nas provincias de Pontevedra, Ourense e Madrid; operaban desde facía anos, segundo a Garda Civil. Engaden que grazas ás dispersión xeográfica puideron pasar desapercibidos durante moito tempo.

As aulas de técnicas hipopresivas acadaron medio centenar de participantes en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

clase-hipopresivos-gondomarO pasado 30 de xullo, tiveron lugar en Gondomar dúas actividades organizadas por Low Pressure Fitness: "Conferencia Internacional sobre Técnicas Hipopresivas e Clase Práctica ao aire libre de Técnicas Hipopresivas".

As actividades leváronse a cabo no Centro Neural de Gondomar e asistiron ao redor de 50 persoas.

Toda a axenda coas festas, espectáculos e festivais de agosto en Nigrán “a un clic”.

Correo-e Imprimir PDF

Espectaculos-ao-aire-libre-na-axenda-de-ocio-e-tempo-libre-de-NigranFestivais de rock, festas patronais, espectáculos populares e moito deporte nos areais de Nigrá conforman maioritariamente a oferta de ocio e tempo libre do mes de agosto. O programa foi presentado oficialmente este mediodía pola edil de Cultura Ana Pérez.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL