Axente da Policía Nacional e piragüista olímpico, Oscar Graña, rescatou na Ría de Pontevedra a unha moza que se precipitou desde unha ponte. Graña, que se atopaba fóra de servizo adestrando na súa embarcación, oíu un forte impacto no auga e, ao virarse, viu que se trataba dunha muller á que conseguiu subir parcialmente á súa piragua.
O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
O piragüista olímpico Oscar Graña rescata a unha moza que precipitouse dunha ponte.
Confraternidade policial abre as portas á recuperación da irmandade dos #Gondomar de Galicia e Portugal.
-Policías de #Gondomar dos dous lados da "raia" viviron unha xornada de confraternidade.
Tamén son "gondomarenses" mais fican na Rexión Norte do Distrito do Porto, onde vixían o municipio de Gondomar, de 133 mil m² e 26 mil habitantes. Este sábado percorreron os próximo a 150 quilómetros que separan a estes dous concellos de igual nome, inda que a cada lado da fronteira para pasar unha xornada de confraternidade cos homónimos galegos.
Carmen Tayo expón a súas pinturas no Centro Neural de #Gondomar
Gondomar acolle a mostra de pintura de Carmen Tayo, artista e veciña do concello. O acto inaugural tivo lugar no Centro Neural o pasado venres. Espazo onde fica a mostra que pode ser visitada durante todo o mes de agosto nos horarios da mañá e tarde.
Gutiérrez e Estévez do Rías Baixas volveron demostrar o seu bo momento xunto aos profesionais portugueses
Os dous xefes de filas do Club Ciclista Rías Baixas repetiron no GP Anicolor a boa imaxe ofrecida o día anterior en Mortágua. Jose Manuel Gutiérrez terminou no posto 35 a 43 segundos do vencedor e Aser Estévez entrou sete segundos máis tarde ocupando a posición número 40.
O timo do Mercadona acada miles de vítimas por un falso vale de 150 euros.
Un concurso para ter acceso a vales por valor de 150 euros conseguiu estafar a miles de persoas. Trátase do "timo do Mercadona", unha nova fraude que se está difundindo por WhatsApp e SMS nos que se piden datos persoais aos usuarios para entrar nun concurso duns falsos cupóns.
A Policía alerta que ao dar os datos, subscriben ao usuario a un servizo Premium. Este tipo de fraude consiste na subscrición dun usuario a unha base de datos que lle envía información sobre certos temas (xeralmente xogos e concursos), pero cóbranlle por cada SMS recibido.
Máis artigos...
- Suspendida e trasladada ao 19 de setembro a Xeira Marítima do IEM a Illa de Ons.
- Nigrán Decide presenta unha modificación do IBI para beneficiar fiscalmente o emprego de calidade.
- Baiona con Amadeo e Ángel
- Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas"
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL