Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

O PP pedirá a revisión do actual sistema de gratuidade para usuarios das duchas nos areais de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

pleno-nigran-2015A dous anos da súa implantación, Nigrán leva gastados 100 mil euros no sistema de pago das duchas dos areais . Desa cifra só recuperou algo menos de 15 mil euros por venta de tarxetas electrónicas aos usuarios. Apenas asumido o novo goberno socialista decidiu volver ao sistema de gratuidade e consumo responsable.

Unha moción do PP pedirá no pleno do 24 de setembro que a Comisión Especial de Contas revise o sistema de balde actual.  Mentres que o goberno anuncia que vai manter a gratuidade das duchas nos areais do municipio

Menos festa e máis pregarias por Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
As festas patronais de Gondomar serán este ano máis espirituais que nunca. A razón é que este ano non se formou ningunha comisión de festas e, polo tanto, non haberá verbenas nin orquestras. Así os veciños poderán centrarse mellor nos actos relixiosos e pedir con máis forza a San Benito que obre o milagre e outorgue ao goberno municipal esa estabilidade que tanto necesita para levar a cabo os seus proxectos de futuro. E se non mañá sábado a San António, en cuxa onomástica naceu precisamente o actual alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo.

O IEM abre ao público a estación arqueolóxica paleolítica d'O Cabrón en Arbo.

Correo-e Imprimir PDF

arbo-18-07-2012O xacemento arqueolóxico paleolítico d'O Cabrón (concello de Arbo,) un complexo duns 300 mil a 500 mil anos de antigüidade, será aberto ao público este sábado 21 de xullo. Os visitantes poderán asistir no horario das 11:00h e ás 18.30h, para participar dun percorrido guiado polo equipo do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) que está a desenvolver a súa 3ª tempada de traballos nesa estación arqueolóxica.

Doentes de cancro de mama e outras doenzas crónicas celebrarán un encontro de tres días en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

cancermamaDo venres 13 ao domingo 15 de xuño a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mamas (ADICAM) celebrará unha convivencia coas súas asociadas na Residencia de Ocio e Tempo Libre de Panxón. O grupo estará  formado pro trinta mulleres  de Cangas, Vigo e A Coruña que durante a fin de semana desenvolverán unha programación dirixida á información, ocio e  tempo libre, no contexto de hábitos saudables a prol de melloras na calidade de vida . A inauguración terá lugar o venres 13 ás 17 horas na residencia coa asistencia da presidenta de ADICAM, Josefa Acuña Graña, A  Concelleira dos Servizos Sociais do Concello de Cangas,  Dolores Gallego e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia Susana López Abella.

Vídeo: O emulador de voo da Patrulla Águila do Exército do Aire visitará #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

001Con capacidade para 14 persoas por quenda, o emulador permite experimentar as emocións que viven na cabina os pilotos da Patrulla Águila do exército do aire. A chegada do emulador está prevista para o vindeiro 22 de xuño ao Parque da Palma onde se poderá visitar gratuitamente de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Será con motivo da entrega do "Santos Peralba"

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL