Venres, 14 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Menos festa e máis pregarias por Gondomar

Menos festa e máis pregarias por Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
As festas patronais de Gondomar serán este ano máis espirituais que nunca. A razón é que este ano non se formou ningunha comisión de festas e, polo tanto, non haberá verbenas nin orquestras. Así os veciños poderán centrarse mellor nos actos relixiosos e pedir con máis forza a San Benito que obre o milagre e outorgue ao goberno municipal esa estabilidade que tanto necesita para levar a cabo os seus proxectos de futuro. E se non mañá sábado a San António, en cuxa onomástica naceu precisamente o actual alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo.

Cumprindo a tradición de San Cristóbal (o patrón de todos os transportistas) o párroco da vila condal bendixo onte decenas de vehículos que desfilaron engalanados no cruzamento cara á Ramallosa.

 

Continúa na Voz de Galicia