Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

#Gondomar : Cursos de Zumba e Ioga aos pés da Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

galinheiro osalgueiralAté o vindeiro xoves 20 de agosto hai tempo par inscribirse nas aulas de zumba e ioga que organizará a Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios. Os cursos, a impartirse no Centro Cultural de Vincios, contan cunha subvención da Deputación de Pontevedra e teñen as prazas limitadas. Os interesados deben comunicarse ao teléfono 986469692 de 9 a 13 horas. Tamén a través do enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Música tradicional, obradoiros e unha andaina nocturna propón Peitieiros na Semana Cultural.

Correo-e Imprimir PDF

ecos agarimosO vindeiro sábado 22 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXII Festival Folclórico Internacional. Como xa se fixo o ano pasado, como actividade previa ao Festival Folclórico, celébrase a Semana Cultural que comezará o domingo 16.

Semana Cultural
O domingo 16 ás 12:00 será o acto de inauguración do XXII Festival Folclórico e da III Semana cultural coa proxección do vídeo As nosas festas de alá e a inauguración dunha mostra de pintura e escultura coa presenza dos artistas. O documental As nosas festas de alá, restaurado polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe, foi realizado en 1928 con financiamento da "Unión de Hijos de Morgadanes" de Montevideo. O vídeo mostra imaxes de Peitieiros no ano 1928.

Aída Valiño: A campioa retornará á competencia en Ourense coas cores do Club Ciclista Rías Baixas

Correo-e Imprimir PDF

Aida ValinhoAída Valiño, campioa española de triatlón en media distancia, e membro do equipo feminino do club miñorano de ciclismo debutará nesta tempada na contrarreloxo de Xinzo de Limia (Ourense). Será a súa primeira competición como ciclista tralo accidente o pasado abril durante un adestramento.

O fará no marco do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual. A lucense (residente en Pontevedra) “está recuperada do accidente que a finais de abril truncou o seu planificación para este ano”, sinalan dende o gabinete de comunicación do Club Ciclista Rías Baixas.

O Camiño Portugués pola Costa achega novas oportunidades de subvencións para vivendas do #ValMiñor

Correo-e Imprimir PDF

val minhorAs vivendas asentadas no entorno do Camiño Portugués Monacal ou pola Costa poderán acceder a unha liña de subvencións para rehabilitación e reconstrucións, abertas pola Xunta de Galicia. Liña que súmase ás xa existentes para propietarios no rural ou cascos históricos localizados na bisbarra, aos que tamén abrangue o chamado.

Nese senso, inda que antigo na súa existencia, o camiño xacobeo agora recoñecido pola Xunta e no recente PXOM de Baiona, achega así unha nova posibilidade para fornecer obras en vivendas de Baiona, Nigrán e Gondomar. Feito que foi recoñecido afirmativamente polo alcalde Juan González, tras ser consultado por este medio.

O Concello de Nigrán organiza unha excursión a Termatalia

Correo-e Imprimir PDF

termataliaO Concello de Nigrán organiza unha nova excursión a Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa en Ourense, o 26 de setembro. A excursión partirá ás 10,00 horas dende a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, para chegar ás 11.00 a Ourense.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL