A maior identificación errónea rexistrada no mundo ameaza o futuro do rapante manchado, capturado sen control.
Un equipo de biólogos españois atopou a maior identificación errónea de peixes detectada no mundo. O 60% dos rapantes (gallos) das pescaderías españolas están mal etiquetados. O que se vende como rapante europeo ou do norte é, en moitísimos casos, rapante manchado, outra especie máis pequena caracterizada polos catro lunares negros nas aletas próximas á cola. Os investigadores, da Universidade de Oviedo, alertan de que a identificación errónea conduce á sobrepesca invisible do rapante manchado e, a longo prazo, pode conducir á redución das poboacións “e mesmo a unha eventual extinción”.