Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Música tradicional, obradoiros e unha andaina nocturna propón Peitieiros na Semana Cultural.

Música tradicional, obradoiros e unha andaina nocturna propón Peitieiros na Semana Cultural.

Correo-e Imprimir PDF
ecos agarimos

O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXII Festival Folclórico Internacional. Como xa se fixo o ano pasado, como actividade previa ao Festival Folclórico, celébrase a Semana Cultural que comezará o domingo 16.

Semana Cultural
O domingo 16 ás 12:00 será o acto de inauguración do XXII Festival Folclórico e da III Semana cultural coa proxección do vídeo As nosas festas de alá e a inauguración dunha mostra de pintura e escultura coa presenza dos artistas. O documental As nosas festas de alá, restaurado polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe, foi realizado en 1928 con financiamento da "Unión de Hijos de Morgadanes" de Montevideo. O vídeo mostra imaxes de Peitieiros no ano 1928.

Luns 17 ás 23:00 h.: Noite de estrelas e petróglifos no Lombo do Roxás.

Mércores 19 ás 18:00 h.: Obradoiro de cestería tradicional de follato de millo, impartido por Esther Rodríguez. O prazo para inscribirse no obradoiro será do 12 ao 16 de agosto no correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , prazas limitadas.

Xoves 20 ás 22:00 h.: concerto de Ameva dúo.

Venres 21 ás 22:00 h.: concerto de canto popular co grupo do CCV de Peitieiros e Os Mulos, de Bueu.
Todos os actos, agás a observación de estrelas, terán lugar no Centro Cultural, ao lado da igrexa de vestixios románicos de San Miguel.

XXII Festival Folclórico Internacional:

Sábado 22
Actuará o grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsábel de iniciar o Festival. Ecos e Agarimos, cunha traxectoria de máis de vinte anos, é a escola de música e baile tradicional da parroquia.

Ese mesmo día actuará o Rancho Folclórico da Casa do Povo de Rio Côvo, Barcelos, a A.C. Os Muíños de Oliveira, Ponteareas, a treboada Os Terribles de Tomiño e poñerá o broche ao Festival o grupo TradiSón de Gondomar, que conta con integrantes da parroquia de Peitieiros.

O Festival comezará xa ás 12 da mañá con obradoiros diversos de baile e música abertos á participación de quen quixer achegarse. Os obradoiros serán de 12 a 14 horas durante a mañá e de 17:00 a 19:00 pola tarde e serán impartidos polos propios grupos participantes. Na xornada de Tarde, ás 18:00 proxectarase o vídeo sobre o grupo Ecos e Agarimos.

O XXII Festival Folclórico conta coa colaboración do Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de Peitieiros