O director do CERN explicou a MATERIA as implicacións do logro anunciado polo organismo a pasada semana. “É a primeira vez que vimos o ADN do universo”, asegura.
Rolf Heuer ten perfil de supervillano. Este alemán nado tres anos despois da II Guerra Mundial é o xefe de 6.000 científicos de 80 países. Controla un armazón subterráneo construído preto de Xenebra (Suíza) no que hai seis sofisticados aceleradores de partículas. O maior de todos é o LHC, un anel de 27 quilómetros composto por 9.200 imáns capaces de xerar enerxías próximas ás do Big Bang.