Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Encaixamos Val Miñor procura colaboradores para desfile de modas solidario

Encaixamos Val Miñor procura colaboradores para desfile de modas solidario

Correo-e Imprimir PDF
encaixamos evento

Aberto o prazo de inscrición para o desfile benéfico organizado por Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) para recadar fondos para unha furgoneta adaptada.

Será o día 15 de agosto no Casino de Sabaris, de 11:30 ata as 22:30 horas.

Necesítanse  comercios, artesáns e perruqueir@s que queiran colaborar.

Contato en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou o teléfono  652 792 929

Baixo o lema "Encaixamos todos", o colectivo miñorano traballa arreo na procura de patrocinadores e axudas que permitan adquirir unha furgoneta acondicionada. A mesma beneficiaría a usuarios da bisbarra cuxa mobilidade hoxe depende só de servizos privados, sinalan membros do colectivo. O problema é importante advirten porque moitas persoas e familias non dispoñen de medios económicos suficientes para pagar todos os desprazamentos.