Son da Rúa deixa pegada na primeira celebración do seu festival na parroquia de Belesar. Centos de veciños e visitantes acudiron ao longo do día a visitar os postos de artesáns e produtos locais que ofreceu o encontro cultural co que deu comezo a festividade local de San Lourenzo.
Cedo a festa espallouse tamén polas redes. "Preparado o palco, postiños artesáns, e musiquiñas tradicionais de mañá para dar paso a Jam Sesion da tarde que abre ás 16:30 e seguirá con teatro e os concertos dos grupos de música ata ben tarde á noite!".
"Todo rodando e o Colectivo Son da Rua con todo listo para logo dar paso aos grupos de música que van tocar esta noite".
Os post saían dende os pefís e páxinas da Casa Colorida, Belesar Dixital e unha chea de colectivos culturais implicados nunha festa que apostou por novos modelos de celebrar a identidade parroquial.
"Así de lindo e cheíño de xente vai o FESTIVAL SON DA RUA en BELESAR. Tardiña de sol coa actuación da Escola de Baile " Marcando pasos" e o comezo da Jam Session". Os avisos e post animaban a convocatoria nas redes e máis xente respondía e ía sumándose ao festival motivado pola chea de coloridas fotografías que amosaban a festa.
O mais aplaudido dos chíos "Achégate a comer chourizos de Torroña na cantina do Colectivo Son da Rua". "Imos!!!"