O Concello de Baiona fornece de chalecos antibalas e anticorte de última xeración a todo o cadro de persoal da Policía Local. A medida forma parte dunha política de mellora da calidade policial que o goberno local, anuncia, está a desenvolver en coordinación cos representantes sindicais do corpo e a Xefatura de Baiona. A iniciativa forma parte do Plan de Calidade Turística en Destino promovido pola Secretaría do Estado de Turismo, sinala o rexedor Jesús Vázquez Almuiña, quen afirma que o conxunto de medidas que está a desenvolver a súa administración garanten a seguridade dos axentes nos operativos e outros riscos propios do seu traballo.
A implicación do goberno municipal na seguridade, os acordos pactados cos axentes sindicais xunto co plan de calidade turística estanse a desenvolver dende 2008, lembran dende o consistorio. O que repercute nun "gran avance no relativo aos medios técnicos, humanos e de formación dentro do cadro da Policía Local", afirman.
Dende o Concello puntualizan nos últimos anos coa implantación do Plan de Calidade Turística foron adquiridos vehículos policiais, mellorados os sistemas de telecomunicacións (dun analóxico ao dixital-mixto), dotouse de uniformidade á normativa autonómica dos axentes policiais, mellora dos sistemas informáticos e comunicacións con outras administracións públicas, incremento do cadro policial, adquisición de aparellos de medición de alcohol e sons (fixos e portátiles) e que agora cumpriméntanse coa dotación de medios de seguranza adecuados e individualizados aos policías locais. Todas estas medidas a prol da mellora da actividade policial e que levan á administración local a afirmar que os membros do cadro de seguridade baionés atópase nestes intres entres "os máis punteiros da área metropolitana".