Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán #Nigrán: Táboas de surf especialmente equipadas para salvamento vixiarán os areais do Lourido.

#Nigrán: Táboas de surf especialmente equipadas para salvamento vixiarán os areais do Lourido.

Correo-e Imprimir PDF
taboa-salvamento-nigran

O Concello de Nigrán adquire unha táboa de salvamento acuático para Praia América como proba para extrapolar aos principais  areais do municipio

O artefacto, similar a unha táboa de surf, é especialmente indicado para rescates complicados e a longa distancia, reducindo o tempo de intervención en máis dun minuto si a vítima se atopa a 150 metros

O Concello de Nigrán adquiriu unha táboa de salvamento acuático para Praia América como proba piloto para trasladar definitivamente o próximo verán a todos os postos de socorrismo dos diferentes areais. O artefacto, similar a unha táboa de surf pero de maiores dimensións (ten unha lonxitude de 3 metros e 20 centímetros e un ancho de case 60 cm), está dotado por todos os bordos superiores dun sistema de agarradeiras que facilita ao socorrista a labor de izado da vítima en caso dun rescate accidentado consciente, por exemplo, un nadador canso.

 A súa composición a base de goma eva (polímero de tipo termoplástico), dótaa dunha especial flotabilidade e, xunto á base de gelcoat, favorece un perfecto deslizamiento no medio acuático. “Isto permite que dotando aos socorristas das técnicas axeitadas e cun adestramento continuo, a táboa sexa o medio máis efectivo para rescates de longa distancia e os máis complexos, como persoas afogadas e xa inconscientes”indica Rubén Rial, edil de Seguridade.

Por exemplo, no rescate dunha vítima inconsciente a 150 metros, a táboa reduce en aproximadamente un minuto o tempo total da intervención, vital neses casos. Ata nunha praia como Patos, con maior ondaxe, o tempo aínda se podería reducir máis grazas ao aproveitamento das olas ao regreso co ferido. “É un material específico que require formación e adestramento, pero unha vez logrado, aporta unha vantaxe vital con respecto a utilizar aletas e tubo de rescate”,  asegura Brais González, coordinador do Servizo de Salvamento e Socorrismo do Val Miñor.

As táboas de rescate deben a súa orixe ás táboas de surf, estas últimas introducíronse en 1913 na praia de "Long Beach", California, para realizar rescates, con todo, como non se podían efectuar de forma favorable inventouse outra táboa de dimensións maiores que si favorece a realización dun bo rescate, a denominada xa como "Táboa de Salvamento" e que acaba de adquirir o Concello de Nigrán.