Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno de Nigrán decide manter a biblioteca municipal no actual local en Cean.

O goberno de Nigrán decide manter a biblioteca municipal no actual local en Cean.

Correo-e Imprimir PDF
biblioteca-nigran

A instalación suma 3.766 socios, 200 deles incorporados ao longo deste ano 2015.

A obra Dispara, yo ya estoy muerto”, de Julia Navarro é o libro máis solicitado na biblioteca.

O Concello descarta  trasladar a sala de lecturas ás escolas de Cotros, onde actualmente está cerámica

A Biblioteca Municipal de Nigrán sumou este mes de agosto 376 libros a súa colección, sinalan dende o concello. Con estes títulos o fondo total acada os  33.479 exemplares incluíndo libros, revistas, CD, DVD, etc. O goberno local afirma que trátase dun aumento de compras próximo ao 15% con respecto ao ano anterior.

Entre as adquisicións atópase literatura narrativa como Cadeas, de Xabier López, ou Diario de Inverno, de Paul Auster. Os novos títulos abranguen tamén exemplares de historia, guías turísticas e gramáticas entre outros.

Sinalan que ao longo do ano 2015 sumáronse á instalación ubicada no Cean 3.030 libros, efectuándose 5.466 préstamos entre 1.123 socios. “Os veciños demandaban novidade literarias e as compras van nesta liña. A cultura e a educación son ilares fundamentais deste goberno e manteremos a nosa aposta por reforzar a biblioteca”, sinala o rexedor, Juan González.

Neste senso, todos os últimos venres de mes, neste caso o día 25 de setembro, realízase unha exposición de novos libros infantís e xuvenís. Os volumes más solicitados son “Dispara, yo ya estoy muerto”, de Julia Navarro; “Cincuenta sombras liberadas”, de James E.L.; e “La isla de las mil fuentes”, de Sarah Lark.

A Biblioteca ten 3.766 socios aínda que recibe máis de 8.000 visitantes cada ano (neste 2015 xa se superan os 6.000). Para facerse socio tan só é necesario encher unha ficha de inscrición na propia instalación ou ben vía telemática, é de balde e non é necesario estar empadroado en Nigrán para poder gozar sos seus servizos. A biblioteca conta cun blogue en internet no que actualiza toda a súa información puntualmente (https://bibliotecadenigran.wordpress.com) e onde incluso se poden atopar as recomendacións e críticas literarias dos propios usuarios.

O horario dende este mes de setembro é xa o habitual: de luns a venres, polas mañás de 10:00 a 14:00 e, polas tardes, de 16:00 a 20:00, os sábados  de 10:00 a 14:00.

Cotros

O actual goberno municipal de Nigrán anuncia que descarta trasladar a sala de lectura ás antigas escolas de Cotros, situadas na rúa Sarmiento (Mallón) e como si proxectaba o anterior goberno.

Argumentan que este espazo é empregado dende o ano 2007 pola escola municipal de cerámica e non se considera necesario facer ningún cambio. “Non tiña ningún sentido un proxecto que consistía en manter a Biblioteca no Ceán habilitando unha sala de lectura con menos capacidade aínda e situada en Cotros, moi distante e onde non estarían a disposición dos usuarios os libros; ademais, alí xa se desenrola unha actividade con gran número de alumnado que sería moi difícil recolocar”, destaca González.

Ao tratarse dunha subvención da Deputación farase unha petición para cambiar o destino da mesma e que supoña un beneficio para os cidadáns de Nigrán e non un problema”, indica o rexedor.