Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Charla-coloquio sobre a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

577194 108317462672226_476926206_nA Federeación de Anpas do Val Miñor e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, (integrada por asociacións de nais e pais, organizacións estudantís, sindicais e de renovación pedagóxica) convocan a toda a comunidade educativa do Val Miñor, pais e nais, alumnado e profesorado, a unha charla explicativa sobre a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), co obxecto de dar a coñecer o seu contido. Esta charla, que estará seguida dun coloquio terá lugar o vindeiro venres día 15 de marzo, ás 20 horas no IES Terra de Turonio de Gondomar.

Julio Fernández Gayoso devolve a Medalla de Ouro outorgada pola cidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

Audiencia-Nacional-desestima-Fernandez-Gayoso TINIMA20130212_1152_5O ex presidente de Novacaixa Galicia, Julio Fernández Gayoso, devolveu esta mañá a Medalla de Ouro outorgada polo concello de Vigo, tras decidir a corporación municipal retirarlla a raíz do escándalo das preferentes e as indemnizacións da caixa que o ten como imputado pola Fiscalía Anticorrupción xunto a outros ex altos cargos da entidade.

As Plataformas de Afectados por Preferentes acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade"

Correo-e Imprimir PDF

Encontro da plataforma de afectados cos alcaldes do Val Miñor e o presidente da deputación.O pasado sábado Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, cargou contra os grupos de afectados polas preferentes que "están actuando como un verdadero comando radical para atacar o PP", acusounos de "manipular ós afectados e usar politicamente este conflito", e defendeu o "apoio incondicional" do PP as vítimas do que cualificou de "estafa masiva". As Plataformas de Afectados por Preferentes responderon a estas declaracións este domingo pola noite nun comunicado no que acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade".

TERRA INCÓGNITA. UNHA VISIÓN SUBXECTIVA.

Correo-e Imprimir PDF

Terra Incognita_09Cando, o 15 de febreiro, me tocou presentar a moi particular mirada que o fotógrafo ENRIQUE TOURIÑO MARCÉN ten, e mostra, do territorio que rodea a súa residencia gondomareña, fíxeno amparándome na miña visión subxectiva da súa obra; fíxeno nos seguintes termos:

O PSOE de Nigrán organiza os seus actos do día internacional da muller

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Nigrán, a través de portavocía de igualdade, organizan varios actos abertos para conmemorar o día internacional da muller.

Os actos comezaron onte cunha charla con Rosa Gómez Límia, presidenta da asociación "Teense pola igualdade"

Para este venres 8 marzo ás 19h no local  Factoría Vintage en Ramallosa (antigo Bar Clandestino), Dania Alftonso, poeta e cantautor

Faladoiro do escritor César Cunqueiro no Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

cesar-cunqueiroCésar Cunqueiro levará adiante un faladoiro no Instituto de Estudos Miñoranos onde afondará no complexo mundo interior do seu pai, o senlleiro escritor Álvaro Cunqueiro. Baixo o título "Álvaro Cunqueiro e a metafísica do Instante", Cunqueiro (fillo), compartirá o coloquio a partir das 20:30 horas deste venres 8 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM. O acto será presentado por Ani González Pérez (Casa dos Anxos, Chaín).

Abertas as inscricións para participar no “Cocido de Cunqueiro” organizado polo IEM no Pazo da Escola de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

cocido-cunqueiro2-Ata as 12 horas deste xoves 7 de marzo estará aberta a inscrición para participar do xantar "O Cocido de Cunqueiro", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos. O evento gastronómico terá lugar o vindeiro sábado 9 de marzo no Pazo da Escola de Mañufe.

Gondomar conmemorará o Día da Muller cunha actividade deportiva e a presentación do seu III Plan Municipal para a Igualdade.

Correo-e Imprimir PDF

A primeira actividade dará comezo ás 12:15 horas cunha carreira "a prol da igualdade" na que participarán 113 estudantes dos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio. A carreira sairá do Pavillón Municipal de Gondomar e rematará no Auditorio Lois Tobío.

Nigrán conmemora o Día Internacional da Muller cun ciclo de cine temático.

Correo-e Imprimir PDF

waterA concellaría de Patrimonio, Xuventud e Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), proxectará o vindeiro venres 8 de marzo a película "Auga", con motivo do Día Internacional da Muller. O acto celebrarase ás 19.00 horas no Salón de Actos do Concello de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL