Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

ANOVA organiza un faladoiro informativo sobre "Urbanismo e sustentabilidade" co arquitecto Xabier Rivas.

Correo-e Imprimir PDF

O arquitecto Xabier Rivas impartirá un faladoiro sobre "Urbanismo e sustentabilidade" na sede de ANOVA -Irmandade Nacionalista en Gondomar. A mesma terá lugar este xoves 21 de febreiro ás 20 horas no local da rúa Párroco Mariño, Nº 12 baixo.

O Premio Literario Conde de Gondomar chega a súa XI edición.

Correo-e Imprimir PDF

certame-literario-2013- O Concello de Gondomar convoca a XI edición do Premio Literario Conde de Gondomar

- Poderán participar todos os mozos/as do Val Miñor que teñan entre 10 e 20 anos

-O certame conta co apoio do Instituto de Estudos Miñoranos e a Deputación de Pontevedra.

Nigrán acollerá unha exposición de casas de bonecas e monecas de época.

Correo-e Imprimir PDF

O Salón de Actos do Concello de Nigrán inaugurará o vindeiro xoves 21 de febreiro a I Exposición de Casas de Bonecas e Bonecas de Época, que permanecerá aberta ao público ata o domingo 3 de marzo en horario de 18.00 a 21.00 horas.

"Sexo e Poder", faladoiro no IES Auga da Laxe de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Este mércores 20 ás 17 horas terá lugar unha charla no IES Auga da Laxe (Gondomar), co título "Sexo e Poder". O faladoiro estará a cargo das profesoras Mercedes Oliveira Malvar (Catedrática de Filosofía no IES Alexandre Bóveda e doutora en Educación afectivo - sexual na adolescencia) e Amada Traba Díez (Profesora de Socioloxía na Facultade de Ciencias da Educación, U. de Vigo) .

A exposición TERRA INCONGNITA convida a algo máis ca contemplación: provoca.

Correo-e Imprimir PDF

dia-enamoradosCóntanos Enrique Touriño que o proxecto TERRA INCÓGNITA nace dun xeito espontáneo e sorprendente, xa que nunca previu sacar a luz a súa particular forma de ver o entorno onde mora: o Val Miñor. As fotografías de gran formato que integran estra mostra -inaugurada este venres 15 de febreiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas- foron capturadas durante os seus paseos polos montes da Serra da Groba, o Galiñeiro e outros paraxes da bisbarra. A exposición trátase sen dúbida dunha "selección cun innegable aire de familia", como ben observou Antonio Soliño Troncoso, durante a presentación da mesma.

Inauguración no IEM da mostra fotográfica TERRA INCOGNITA de Enrique Touriño Marcén.

Correo-e Imprimir PDF

Terra Incognita_13Este venres 15 de febreiro ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición TERRA INCOGNITA, do fotógrafo Enrique Touriño Marcén. A presentación estará a cargo de Antonio Soliño Troncoso, membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos. Con esta mostra de fotografía de gran formato, iníciase a nova tempada de exposicións na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), logo dun pequeno parón debido ás obras de remodelación da sede do IEM.

O autor do O elefante dunha soa orella, estará na sesión de Lendo Contigo de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

Portada do libroO sábado 16 de febreiro, ás 12:00 horas na biblioteca de Gondomar, Espazo Lectura celebra a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. O libro proposto para que os nenos e nenas lesen coas súas familias durante este mes foi O elefante dunha soa orella, do escritor coruñés Xosé H. Rivadulla Corcón. O autor estará na biblioteca para conversar sobre a súa obra cos nenos e nenas que participen. A asistencia á actividade é gratuíta.

Tristecentos versos. Poesía e música no Nornas Hostel de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Tristecentos versos no Nornas HostelPoesía e música no Nornas Hostel de Gondomar.

Tristecentos versos é unha conxunción de poesía e música onde tres poetas galegos: Xabier Xil, Elvira Riveiro e Silvia Penas declaman acompañados pola música electrónica que a DJ alemá Carina Posse escolle para adornar as palabras. É un formato de recital que resulta intenso e moi ameno para o público, sobretodo nun marco incomparable como Nornas Hostel.

A parroquia de Parada celebra o próximo sábado o seu " IV Enterro do Kiko".

Correo-e Imprimir PDF

kiko-A actividade terá lugar este sábado 16 de febreiro a partir das 16:30 horas con xogos para nenos, agasallos sorpresa e reparto gratuíto de orellas e filloas.

-Ás 19 horas comezará o Enterro do Kiko no que participará o Grupo de Gaitas A Merced de Chaín.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL