Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Mercadillo do alumnado do CEP de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Colexio de SabarísOs alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEP Sabarís organizan un mercadillo para recaudar fondos para a excursión de fin de curso. Os días 29 e 30 de marzo (de 12horas a 19horas de xeito ininterrumpido) no edificio antiguo do Mercado da Fruta de Sabarís (Baiona).

O mercadillo ofertará a venda de libros, xoguetes, DVDs, roupa, material escolar, etc, que foron reunindo coa colaboración de todos os alumnos e alumnas do colexio.

A nova lei de montes do PP abre a posibilidade da recalificación urbana dos montes queimados

Correo-e Imprimir PDF

Cabalos na Groba logo dos incendios do ano 2006 - © 2006 1punto1 FotografíaO ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, presentou hai unha semana a varias ONGs ecoloxistas o cuarto borrador da futura Lei de Montes. Un texto que, no seu artigo 50, contempla a posibilidade de recalificar montes arrasados polo lume. "Con carácter excepcional as comunidades autónomas poderán acordar cambio de uso forestal cando concorra un interese xeral prevalente o cal deberá ser apreciado mediante lei, sempre que se trate de terreos de titularidade pública e que se adopten as medidas compensatorias necesarias que permitan recuperar unha superficie forestal equivalente á queimada. Tales medidas compensatorias deberán identificarse con anterioridade ao cambio de uso".

Os afectados polas preferentes perden o 43% dos aforros.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe dunha das protestas en SantiagoO PSOE alerta do "doble engano" do Goberno, AGE pide que se lle devolva "até o último euro" e o BNG manifestarase cos afectados o sábado en Pontevedra. O PP muda o seu congreso provincial por medo a reacción dos afectados.

O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) ditou hoxe as temidas 'quitas' aos posuídores de preferentes e subordinadas de varios bancos que recibiron axudas públicas da UE. Para os de Novacaixa Galicia Banco será do 43% no caso das preferentes, do 41% para os que teñan débeda perpetua e do 22% con vencemento. Os que teñan contratados productos híbridos no Banco Gallego perderán o 99,9%

A parroquia de Parada prepara diversas actividades con grandes premios para a Semana Santa.

Correo-e Imprimir PDF

bingo amarelo-A Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana de Parada adianta o calendario de actividades para Semana Santa.

-Un torneo de Tute, dous xornadas de bingo social e un campionato de tiro ao prato son as actividades previstas pola Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana da parroquia de Parada para esta Semana Santa.

O IES Auga da Laxe celebra o día mundial da poesía con diversos actos

Correo-e Imprimir PDF

Trex peixes voando - Xabier Díaz e Guillermo FernándezOs compoñentes do grupo Berrogüetto, Xabier Díaz e Guillermo Fernández, participaran cun concerto acústico.

O IES Auga da Laxe de Gondomar celebra este 21 de marzo ás 20:30h, o Día Mundial da Poesía. O centro ten programadas diversas actividades abertas a todos os membros da comunidade escolar.

Coloquio sobro “Soberanía alimentar” organizado por ANOVA en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Seguindo co ciclo de charlas informativas iniciadas por Anova-Irmande Nacionalista en Gondomar, este mércores 21 de marzo ás 20 horas terá lugar un coloquio co titulo: "Soberanía alimentar", a cargo da activista da marcha mundial das mulleres, María Montenegro e o recolleitor, César Lemas. O faladoiro será no local que Anova-Irmande Nacionalista ten en Gondomar, sita na rúa Párroco Mariño, 12- baixo

Xornada de sendeirismo por Monteferro para este domingo.

Correo-e Imprimir PDF

monteferroA Asociación Cultural das Angustias e a Comisión de Festas das Angustias, en colaboración co Concello de Nigrán, organizan para este domingo 17 de marzo unha ruta de sendeirismo por Monteferro. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde o Torreiro de Festas das Angustias (Nigrán) cara a Monteferro, visitando os petróglifos As Penisas Pequenas e o Monumento dedicado aos falecidos no mar, cunha dificultade de ruta media.

Curso de manipulador de alimentos organizado polos empresarios do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

manipulacionO vindeiro mércores 20 de marzo de 2013, celebrarase no Centro Neural de Gondomar, unha charla para a obtención do título de manipulador de alimentos, que se entregará o mesmo día, necesario en todas aquelas actividades vinculadas directa ou indirectamente co contacto de produtos alimenticios. O curso dará comezo ás 16:30 horas; aínda hai prazas vacantes, polo que todos aqueles que desexen participar, deberán poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios do Val Miñor no teléfono 986-36 67 30, ou inscribíndose no local da Asociación situado na Praza de Rosalía de Castro, 3 Baixo (Nigrán).

Segue aberto o prazo de inscrición para o curso de Paquete Office organizado pola OMIX de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

ofimatica-O prazo rematará o vindeiro 22 de marzo

- Os interesados poderán formalizar a súa solicitude na Oficina Municipal de Información Xuvenil

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL