Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O Entroido chega a Gondomar co "Gran Desfile de Comparsas".

Correo-e Imprimir PDF

entroido-gondomar-2012- O desfile-concurso celebrarase o domingo 10 a partir das 16.00 horas e percorrerá as rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz

O encargado de abrir esta xornada organizada pola Concellaría de Festexos, será o actor Cándido Pazó, que recitará o tradicional pregón deste Entroido 2013 de Gondomar. Pola súa banda, o dúo Azar presentará e amenizará o desfile.

O actor Candido Pazo será o pregoneiro do Entroido de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

entroido-gondomar-2012O desfile-concurso terá lugar o próximo domingo, día 10 de febreiro, a partir das 16.00 horas e contará coa presenza do dúo Azar que será o encargado de presentar e amenizar o evento. O pregón deste Entroido 2013 correrá a cargo do actor Cándido Pazó.

-O desfile- concurso contará con 15 comparsas

Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma

Correo-e Imprimir PDF

Profesionais dos medios que forman parte da Asociación de Medios en GalegoValminor.info pasa a formar parte da Asociación de Medios en Galego impulasada conxuntamente con Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, Xornal de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás.

 

Afortalar os medios en galego, consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuir á profesionalización do sector dos medios en galego son parte dos obxectivos da Asociación de Medios en Galego que se acaba de constituír.

Enoloxia, ocio e fotografía. Nace Xproject

Correo-e Imprimir PDF

A publicación terá unha periodicidade bimensual - Imaxe XprojectNace Xproject, o novo magazine dixital con base no Val Miñor, onde conflúen artistas e profesionais do mundo da enoloxía e o ocio baixo o telón da fotografía como nexo común.

A publicación bimensual e bilingüe (galego e castelán) vai polo seu segundo número e non deixa indiferente a ningún dos seus primeiros lectores pola calidade dos seus contidos.

Valminor.info falou cun dos impolsores do proxecto, Juan Chamorro (28 anos, Panxón) enólogo e fotógrafo de obrigada repaso para os que sexan amantes ás fotografías e sobre todo ao Val Miñor.

Un "Arroaz Maior" que non teme o risco á hora de crear, abraiou ao público nunha nova TERTULIA do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0746Se no carné de identidade tivese que incluír a súa profesión non dubidaría en colocar: "debuxante de banda deseñada". Esa é a identidade, que por riba de calquera das outras define a Miguelanxo Prado, segundo o confesou durante a TERTULIA do IEM celebrada este venres 1 de febreiro e da que foi o protagonista. Neste eido, afirmou descubrir aos 18 anos a sintaxe perfecta cara as súas dúas paixóns: imaxe e narrativa. Dende alí en diante naceu a súa prolífica carreira artística da que deu conta con innumerables anécdotas e debuxos que dende unha pantalla ilustraban os diversos momentos da súa obra.

A Asociación A Groba organiza unha xornada aberta este domingo ás 13 horas na Foz.

Correo-e Imprimir PDF

Foz do Miñor - CC BY-SA Valminor.infoA actividade estará enmarcada no Día Internacional dos Humedais.

Os amantes da natureza e especialmente das aves, terán a oportunidade de participar nunha xornada de observación e divulgación na Foz do Miñor. A actividade está organizada pola Asociación A Groba, quen convida a levar prismáticos para unha mellor observación. O punto de encontro será no paseo de A Ramallosa, fronte ao aparcadoiro.

A protesta das preferentes chega ata a porta da casa oficial de Feijoo

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma de afectados polas preferentes do Val Miñor estivo presente na marcha - Imaxe CC BY-SA Praza PúblicaA plataforma de afectados polas participaciones preferentes y subordinadas do Val Miñor estivo presente na protesta.

A información foi recollida hoxe polos compañeiros de Praza Pública.  

Até a mesma porta da casa de Núñez Feijoo. A protesta dos milleiros de afectados polas preferentes, despois de meses de mobilizacións, chegou este sábado até Montepío, sede da residencia oficial do presidente da Xunta, ao que acusan de ser "cómplice" da estafa. As plataformas de afectados de afectados da Coruña, do Baixo Miño, do Morrazo, de Bergantiños, de Ferrolterra, da Costa da Morte, de Monforte..., de toda Galicia, desprazáronse nesta ocasión até Compostela no comezo dun mes que pode ser crucial para o desenlace deste conflito. 

Venres de TERTULIA do IEM con Migelanxo Prado.

Correo-e Imprimir PDF

1220360404migelanxoEste venres, 1 de febreiro, TERTULIA do Instituto de Estidos Miñoranos con Migelanxo Prado, coñecido creador vinculado á ilustración, os cómics, a cinematografía, así como a outros eidos da cultura. O convidado será presentada polo debuxante, biólogo do CEMMA e membro do IEM, Alfredo López (TOKIO).

A "Tortillada" deu saída a máis de 300 tortillas durante a ruta gastronómica celebrada en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

tortilla-a-landraO balance da primeira edición da "Tortillada" non "pode ser máis positivo para a hostalaría", sinalan dende o Concello de Nigrán. Aínda que a meteoroloxía non axudou en , os locais participantes deron saída a máis de 300 tortillas en tres días.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL