Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A "Tortillada" deu saída a máis de 300 tortillas durante a ruta gastronómica celebrada en Nigrán.

A "Tortillada" deu saída a máis de 300 tortillas durante a ruta gastronómica celebrada en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
tortilla-a-landra

O balance da primeira edición da "Tortillada" non "pode ser máis positivo para a hostalaría", sinalan dende o Concello de Nigrán. Aínda que a meteoroloxía non axudou en , os locais participantes deron saída a máis de 300 tortillas en tres días.

 

Esta iniciativa, coordinada pola Asociación de Empresarios de do Val Miñor (OVALMI), en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, baseouse neste tradicional produto gastronomico, con ata nove receitas diferentes de tortilla de pataca que locais e visitantes puideron degustar polo módico prezo de 1,50 euros a ración.

"Non podo máis que aplaudir as iniciativas que nos últimos meses está desenvolvendo a hostalería e restauración local, e reitero o meu compromiso de seguir traballando xuntos para unha maior promoción e dinamización das mesmas", sinalou o rexedor municipal, Alberto Valverde.