A actividade estará enmarcada no Día Internacional dos Humedais.
Os amantes da natureza e especialmente das aves, terán a oportunidade de participar nunha xornada de observación e divulgación na Foz do Miñor. A actividade está organizada pola Asociación A Groba, quen convida a levar prismáticos para unha mellor observación. O punto de encontro será no paseo de A Ramallosa, fronte ao aparcadoiro.