Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A deputación provincial concede axudas por 9.667€ a diversos colectivos miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

diputacion-de-pontevedra 382205Unha ducia de colectivos do Val Miñor serán beneficiarios dunha partida de axuda por un total de 9.667 euros outorgada pola Deputación de Pontevedra. A medida beneficiará en Baiona ás corales San Lorenzo de Belesar, Baiona A Real e ao Coro de Homes Voces Baionesas. No mesmo municipio, tamén serán obxecto desta partida Hermandade da Santa Casa da Misericordia, a agrupación tradicional Ariños da Lagoa e o Centro Cultural A Cela de Baredo.

Gondomar festexa o día de Reis co tradicional desfile de rondallas.

Correo-e Imprimir PDF

O XXXI Certame de Rondallas de Gondomar reunirá mañá na vila condal ás dez mellores agrupacións do sur da provincia de Pontevedra. O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, comezará ás dez da mañá co desfile e encontros de bandeiras no cruzamento das rúas Eduardo Igrexas e Urzáiz, nos que participan as rondallas de Atios, Louredo, Pontellas, Vincios, Chaín, Valladares, Bembrive, Parada, Mos e Beade. Os percorridos terminarán en torno ás 13.30 horas.

A parroquia de Chandebrito inaugura unha mostra de debuxos de Castelao con motivo do 63 cabodano do ilustre galeguista.

Correo-e Imprimir PDF

autoretrato castelao-O vindeiro 7 de xaneiro a Asociación Chandebrito 1807 renderá unha homenaxe ao insigne escritor e debuxante galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co inauguración dunha exposición dos seus debuxos.

"Baiona de Pintxos" repartiu premios logo de vender 40 mil petiscos entre diversos locais do municipio.

Correo-e Imprimir PDF

entrega-premio-baiona-pintxRamona Vaz, veciña de Baiona foi a gañadora do primeiro premio da Ruta Gastornómica Baiona de Pintxos, organizada por ACEBA e o Concello de Baiona. A gañadora recibiu un vale de 1.000 euros a presentar nalgunha das axencias de viaxes do municipio para poder realizar a correspondente viaxe.

Exposición fotográfica de Santi Bas: Garranos. Os cabalos salvaxes de Galicia, no Hotel Cidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

garranos-A mostra estará aberta ata o vindeiro 25 de xaneiro.

A cabalgata de Reis percorrerá todas as parroquias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro sábado 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata dos Reis Magos en Nigrán.

Paradores rebaixa o soldo dos traballadores e aplica unha morea de recortes cun ERE asinado en Madrid.

Correo-e Imprimir PDF

paradorBaiona-Rebaixas salariais, ameazas de despedimentos e máis EREs no Parador de Baiona e no resto do país para o 2013.

- Todas estas medidas comezarán a rexer a partir desta xornada logo da sinatura dun acordo este mércores 3 de xaneiro en Madrid entre dirección e traballadores, que evitou que se impuxera un expediente orixinal con maiores afectacións.

Os Reis Magos chegan a Gondomar este sábado para recoller as cartas dos cativos do concello.

Correo-e Imprimir PDF

reyesmagos2-O Centro Cultural de Vincios colabora conxuntamente coa Concellaría de Cultura na organización do desfile

- Amenizarán a cabalgata as rondallas de Vincios e Chaín, a Banda de Tambores e Cornetas do CC de Vincios e o Grupo de Danza de Gondomar.

Paradores de Turismo decide o seu futuro no inicio do 2013.

Correo-e Imprimir PDF

vilalba-O próximo mércores 2 de xaneiro terá lugar en Madrid a derradeira mesa de negociación entre dirección e o Comité intercentros de Paradores.

-Menos prebendas para os directivos, ningún despedimento e un ERE temporal será a base da proposta final dos traballadores.

-Mentres os traballadores cumpren o seu segundo día de folga, a dirección de Paradores mantén a fórmula dun ERE con 350 despedimentos para "asegurar la supervivencia de la compañía".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL