Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A deputación provincial concede axudas por 9.667€ a diversos colectivos miñoranos.

A deputación provincial concede axudas por 9.667€ a diversos colectivos miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF
diputacion-de-pontevedra 382205

Unha ducia de colectivos do Val Miñor serán beneficiarios dunha partida de axuda por un total de 9.667 euros outorgada pola Deputación de Pontevedra. A medida beneficiará en Baiona ás corales San Lorenzo de Belesar, Baiona A Real e ao Coro de Homes Voces Baionesas. No mesmo municipio, tamén serán obxecto desta partida Hermandade da Santa Casa da Misericordia, a agrupación tradicional Ariños da Lagoa e o Centro Cultural A Cela de Baredo.

 

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, a Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios, o Centro Cultural de Peitieros e o Centro Cultural A Merced de Chaín, son os beneficiarios en Gondomar e a Asociación Chandebrito 1870 por Nigrán. Támen ingresará unha axuda para a asociación motera A 20 uñas.