Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Abertas as inscricións para participar no “Cocido de Cunqueiro” organizado polo IEM no Pazo da Escola de Mañufe.

Abertas as inscricións para participar no “Cocido de Cunqueiro” organizado polo IEM no Pazo da Escola de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF
cocido-cunqueiro2

-Ata as 12 horas deste xoves 7 de marzo estará aberta a inscrición para participar do xantar "O Cocido de Cunqueiro", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos. O evento gastronómico terá lugar o vindeiro sábado 9 de marzo no Pazo da Escola de Mañufe.

 

Literatura e gastronomía foron dúas almas que acompañaron o espírito creativo do escritor Álvaro Cunqueiro. O Instituto de Estudos Miñoranos prepara unha "Fin de Semana con Cunqueiro" na que pretende ligar ambas as dúas cunha serie de eventos culturais que rematarán cun xantar no Pazo da Escola onde o tradicional cocido galego (por demais presente na obra cunqueiriana) será o prato central preparado ao estilo "Cocido de Cunqueiro".

Menú

O menú constará dunha entrada con caldo e sopa. Posteriormente chegará o Cocido con Porco Celta (cacheira, touciño, pezuños, espiñazo, costelas, lacón, orella, tenreira, polo, repolo, verzas, garabanzos e feixóns ) acompañado de filloas salgadas. Sobremesas variadas : (Chulas borrachas, leite fritido e filloas gordas de sangue ). Viños: Mencía Valdeorras, augas e refrescos. Café e licores (chupito de licor convencional).

Para participar do xantar hai que facer a respectiva reserva antes do xoves 7 de marzo ás 12 horas a través dos teléfonos 680 644 490 e 986 360 575 (de luns a venres de 18 a 22 horas), ou polo correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O prezo do xantar é de 25 euros por persoa.

Programa da "Fin de Semana con Cunqueiro"

Conferencia de César Cunqueiro.

César Cunqueiro achegará aspectos do mundo interior do seu pai nunha conferencia que levará por título "Álvaro Cunqueiro e a metafísica do Instante". O faladoiro terá lugar o vindeiro venres 8 de marzo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM. O acto será presentado por Ani González Pérez (Casa dos Anxos, Chaín).

Faladoiro do historiador Xavier Castro

O sábado 9 de marzo terá lugar un faladoiro aberto baixo o título "O cocido de Cunqueiro", con Xavier Castro (catedrático de Historia Contemporánea da USC e especialista en historia da alimentación) ás 13 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Presenta Gonzalo Navaza (IEM).

O xantar no Pazo da Escola terá lugar unha vez rematada esta última conferencia.