O Concello de Nigrán acaba de abrir o prazo de inscrición nos cursos incluídos dentro do Programa Actívache da Deputación de Pontevedra, no que se ofrece a mozos de entre 16 e 35 anos (ambos inclusive) a posibilidade de participar en accións formativas correspondentes a distintas disciplinas, que se desenvolverán no Centro Antena de Nigrán nos meses de setembro e outubro cunha duración de 30 horas cada unha, en horario de tarde.
Economía
Un día máis os traballadores das panaderías Las Mercedes estiveron esperando aos inspectores de Traballo.
Os 25 traballadores en conflito das panaderías Las Mercedes, otro día máis, non recibiron as esperadas visitas dos inspectores do Ministerio de Traballo. Os traballadores manteñen estritamente o cumprimento do seu horario de traballo, aínda que teñen que facelo permanecendo ó carón das portas de ingreso ás panaderías, porque a patronal as pechou sen despedirlos nin dar a baixa da empresa. Unha delegación sindical personouse na mañá deste venres nas oficinas ministeriais a consultar os por ques da demora. A resposta oficial é que "os inspectores teñen dende o xoves as carpetas para facer os informes".
A Consellería de Educación negociará cos sindicatos un novo horario lectivo para o ensino primario.
Deste xeito a Consellería de Educación quere dar resposta ás familias, que viñan demandando unha figura de acompañamento para os nenos neses períodos
O cambio non aumenta a xornada laboral de 37,5 horas.
O Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece 16 bolsas de estudo para o próximo curso.
A axuda cubre o 85 por cento do custo para un alumno externo, o 65 por cento para un interno e renóvase cada curso da titulación se o estudante aproba todo
O centro ofrece nove bolsas aos alumnos con menores rendas, nas que se terá en conta os ingresos (60 por cento), ademais das notas académicas (40 por cento).
Os traballadores de Las Mercedes seguen á intemperie á espera do Ministerio de Traballo.
A esperada visita dos inspectores do Ministerio de Traballo aos despachos das panaderías Las Mercedes segue sen chegar. Os 25 traballadores desta empresa que pechou os seus locais sen darlle a baixa aos obreiros nin á empresa, seguen obrigados a cumprir o seu horario laboral ás portas dos devanditos despachos, á intemperie. A visita dos funcionarios ministeriais é fundamental para que levanten un acta que libere aos obreiros de manter esta garda sen sentido pero legalmente obrigatoria se non queren que a unha eventual apertura da empresa os notifique como "incumprindo as súas obrigas" contractuais.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL